Actividade da 1ª semana de Xuño.
Ben na actividade de hoxe o que
imos a facer é retomar un pouco o sector primario, especialmente o caso da
agricultura. Para iso o que imos a facer e buscar información sobre varios
produtos agrícolas e gandeiros.
Para o que imos a facer precisamos
varias cousas, e a actividade vaise facer en dúas partes como a da semana
pasada.
O primeiro que imos a facer e
buscar unha serie de produtos agrícolas que consideramos xa españois, pero
realmente non son orixinarios de España. O que temos que partir é da idea moi
sinxela de que a agricultura é unha modificación da natureza feita polo ser humanos,
que modificou plantas para adaptalas as súas necesidade.
Normalmente considérase que existiron
toda unha serie de plantas ou animais que foron domesticados. A estes consideráselle
agréotenos ou formas salvaxes, que o ser humano ó longo de centos ou miles de
anos acabou transformando nas plantas e animais actuais. Un bo exemplo disto é
o porco, que ten como agriotipo o Xabaril.
O que tedes que facer na primeira
parte do traballo é buscar a planta orixinal destes produtos e de onde(area xeográfica
ou país) de onde procede.
Lista de produtos.
- Pataca.
- Tomate.
- Pemento.
- Fabas.
- Chícharos.
- Trigo.
- Millo.
- Cebada.
- Viñedo.
- Oliveira.
- Laranxa.
- Arroz.
O segundo punto, que tedes que
facer é buscar cando estes produtos chegaron a Península Ibérica(non preciso o
ano exacto, senón o século aproximado), e quen os trouxo (cultura, civilización,
potencia, organización, etc.). Analizando se o primeiro uso que se lle deu na
Península Ibérica era alimentario ou tivo algún outro uso diferente.
O terceiro punto que tedes que
facer e buscar a produción aproximada de todos estes produtos en España. O
mellor é que foran datos do 2019, pero senón a data máis próxima a ela. Poñede
os datos nunha táboa.
O cuarto punto é facer unha táboa onde
poñemos por cada un dos produtos o maior produtor do mundo de cada un deles.
Para realizar o traballo tedes
ata o sábado, día 6, as 15:00 h. Tedes que entregalo en pdf e enviarmo o meu
correo electrónico.