Amosando publicacións coa etiqueta Xeografía Política. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeografía Política. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de xullo de 2019

Tema 2. O mundo unha economía globalizada.

No Tema 2 hai que estudar todos os apartados, pero prestando especial atención a toda unha serie de elementos.
Neste tema vanse tratar elementos sobre xeografía política e económica.

A actividade económica.

Explicar que é a actividade economica e as súas características.
Hai que explicar as fases das actividades económicas e as súas características.
Indicar os principais sectores económicos e as súas características.

Os axentes económicos e os factores produtivos.

Explicar os axentes económicos e as súas características básicas.
Explciar os factores produtivos e as súas características básicas.

A economía actual: a globalización.

Explicar o concepto de globalización e as súas consecuencias e características básicas.
Indicar os principais organismos que dirixen a economía mundial.
Explicar o concepto de deslocalización e as súas características. Deberías dar exemplos de procesos de deslocalización.
Explicar a globalización e o traballo.

Explicación dos conceptos:
  • Aranceis.
  • Subvencións. 
  • Multinacionais.
  • Países emerxentes.
  • Países desenvolvidos.
  • Economía somerxida.

Actividades de Repaso: Europa Política

Mapas para repasar para os países e capitais.

Actividades con mapas flash para

Europa.

Países de Europa. Esta é para colocar os países na súa posición.

Países de Europa. Nesta indica países é tes que dicir o seu nome.
Países de Europa. Neste diche un nome de país, e tes que indicalo no mapa.

Países de Europa e Microestados. Nesta indica paises é tes que dicir o seu nome.
Países de Europa e Microestados. Neste diche un nome de país, e tes que indicalo no mapa.

Capitais de Europa. Nesta diche un punto e tes que indicar a que capital política corresponde.
Capitais de Europa. Neste diche un nome da capital dun País, e tes que indicalo no mapa.

No caso de que non poidas usalo deixo aqui unha serie de documentos para descargar e imprimir, para facelo a man.

Mapa político de Europa co nome dos países e capitais.
Neste enlace dache autorización para descargar un mapa dunha carilla de A4 dun mapa de Europa con nomes dos países e as capitais.
Mapa político de Europa mudo.
Neste enclace dache autorización para descargar un mapa dunha carilla de A4 sen nomes.

Tema 1. A organización política do Mundo.

No Tema 1 hai que estudar todos os apartados, pero prestando especial atención a toda unha serie de elementos.
Neste tema vanse tratar elementos sobre xeografía política e tamén vou incluír as actividades sobre mapas e os traballos sobre mapas políticos.

Nos Estados actuais.


Conceptos:
  • Estado.
  • O Estado e as súas características principais.
  • As funcións do Estado.
  • Estado de benestar.
Debes prestar atención especial as súas características básica e como estas son representadas.

Os Estados segundo a súa organización política.

Conceptos.

  • Monarquía.
  • Ditadura.
  • Democracia
Debes prestar atención especial as súas características básica e como estas son representadas.

Tamén é importante saber diferenciar os diferentes tipos de relacións entre Estados e a relixión.

Os Estados segundo a súa organización territorial.

Hai que prestar atención:
Explica os Estados centralizados e os descentralizados, explicando as diferenzas entre ambos. Hai que aportar exemplos.
Explicar a estrutura descentralizada en España.
  • Estado.
  • Comunidades Autónomas.
  • Provincias.
  • Municipios.

 A cooperación entre os Estados.

Hai que destacar as relacións internacionais entre estados e como se regulan.
Explicando as principais organizacións institucionais, e prestar especial atención a ONU e a UE.
No caso da UE, aí que saberse as fases polas que pasou e a organización das institucións.
Ver os tipos de conflitos que pode haber no mundo.

O Estado Español.

 Hai que prestar especial importancia ó sistema político español (páx. 32) e as institucións de España.