domingo, 15 de maio de 2022

Celebración do Día das Letras Galegas 2022.

 klajsdñflkjasñdflkjasdñflkjasñdflkañsldkfjasñldkfjñasldkfjañsdlkfjasñdlkfjasñdlkfñasldkfjñasldkfjñaslkdfjñaslkdjfñaslkdjfñasldkjfñaslkdjfñaslkdjfñ

 

xoves, 12 de maio de 2022

domingo, 27 de setembro de 2020

Economía na Monarquía Hispánica durante os Austrias.



Europa o longo do século XV experimentou unha recuperación económica e demográfica, que superou os problemas da Baixa Idade Media. Isto foi posible grazas a:
  • recuperación da agricultura, que veu como consecuencia do aumento da poboación, que demandaba máis alimentos. Este aumento da demanda provocou a posta en cultivo de novas terras, pero tamén favoreceu a exploración de novos produtos ou terras nas colonias.
  • a menor incidencia das grandes epidemias, que provocaron unha menor mortaldade.
  • o desenvolvemento económico das cidades, do comercio e do artesanado, que permitiron a reactivación económica, e a creación de postos de traballo.
  • a reactivación de vellos circuítos comerciais, como a ruta mediterránea, pechada ó comercio europeo polas guerras contra o Islam, e ruta do báltico que se abriu grazas a Hansa. Pero tamén a apertura de novas rutas grazas os novos descubrimentos xeográficos, que permitiron circunnavegar África cara Asia e abriron a ruta cara América. 
Todo isto provocou un gran desenvolvemento no s. XVI que permitiu o crecemento de grandes cidades, que agora son grandes núcleos de actividade comercial: Xénova, Venecia, Valencia, Londres, Sevilla, Hamburgo, etc..Pero resulta curioso marcar unha diferenza co final da Idade Media. As rutas comercias e económicas de Europa cambian de escenario, durante a Idade Media o Mediterráneo foi o gran centro económico, en cambio na Idade Moderna este trasladouse cara o Océano Atlántico.

Esta reactivación económica, potenciada polo comercio, requiría de grandes investimentos de capitais. Para iso os burgueses organizaron toda unha serie de compañías mercantís que aglutinaban a moitos inversores e compartían os beneficios. Isto era necesario debido a que as inversión eran moi perigosas, xa que existía o perigo das tempestades, os naufraxios, os piratas, etc.
Isto tamén levou ós comerciantes a buscar crédito, que era solucionado por unha das profesión creadas a finais da Idade Media: o banqueiros. Estes naceron en moitos casos como cambistas, persoas de orixe local que intercambian ós comerciantes as súas moedas na moeda local. Tedes que recordas que naquela época cada reino, e as veces dentro dun mesmo reino, había diferentes tipos de moedas, de diferentes tamaños, metal ou valor. O comercio incentivou o fluxo de moedas, pero ás veces viaxar con moeda en efectivo podía ser perigoso. Por iso os banqueiros comezaron a crear toda unha serie de novos mecanismos de pago: os cheques* ou as letras de cambio*. Estas tiñan como obxectivo facilitar as operacións comerciais entre persoas de diferentes rexións, e evitar os roubos ou atracos. Desenvolven un tipo de economía coñecida con nome de Capitalismo Comercial. Este baseábase na busca de beneficios económicos grazas a actividade comercial, financeira e artesanal.
A actividade bancario foi collendo importancia sobre todo en Flandres, Italia e Alemaña conde destacan familias como os Médici, os Spínola, os Borromei, os Fugger os Welser, etc. En moitos casos estes bancos eran entidades privadas, xestionada por familias particulares, que poñía como garantía as súas propiedades e riquezas. Pero a medida que a actividade foi crecendo en importancia apareceran os bancos de carácter "público", que son xestionados por institucións municipais. Entre os casos máis curiosos temos a Taula de Canvi de Barcelona, a Casa de San Giorgio en Xénova ou o Banco de Rialto en Venecia.
Pero no caso da Monarquía Hispánica debemos centrarnos en certos matices específicos. A base da economía foi a agricultura goza dunha gran importancia. No caso de Castela tamén destacaba a importancia da gandería ovina. Esta foi protexida dende a Idade Media por medio dunha institución coñecida como a Mesta, que protexía e defendía os dereitos dos gandeiros transhumantes. Esta foi tan importante debido a que se usaba a la para a produción de tecidos, que era enviada polos portos do cantábrico a Flandres e Inglaterra. Pero tamén existía unha importante tradición téxtil na península Ibérica. A iso temos que sumar a siderurxia no País Vasco favorecida pola existencia de importante minas de Ferro.
Pero sen dúbida o gran desenvolvemento veu como consecuencia do descubrimento de América que permitiu un gran desenvolvemento comercial. América española converteuse nun lugar onde obter materias primas baratas e vender os produtos fabricados en España. Isto foi posible debido a que a Coroa de Castela estableceu un monopolio comercial coas súas colonias. Ademais dende América chegaban inxentes cantidades de metais preciosos, que favoreceu a riqueza do Imperio Español.  
En principio todo o comercio americano foi controlado dende Sevilla, onde a Casa de Contratación era ó único lugar que tiña permiso para xestionar o comercio colonial. 
Pero a mediados do s. XVI, e como consecuencia dos enormes custos da política imperial dos Habsburgo, a subida dos prezos dos produtos e o aumento dos impostos comezou a perder importancia. 
Isto acabou creando o que se coñece como a "Revolución dos Prezos" que acabou afundindo a economía española. Esta veu como consecuencia da chegada masiva dos metais preciosos que chegaron de América, que provocou a caída do valor do ouro e de prata. Como as moedas facían de ouro e prata, e o seu valor dependía da cantidade de metais preciosos que contivera, fixo que o valor das moedas baixara, e como consecuencia aumentase o valor dos produtos. Pero os salarios non subía, e iso acabou provocando un proceso de inflación e unha tremenda crise económica.
Ademais, os elevados custos das políticas dos Habsburgo para manter o seu imperio e loitar nas guerras, fixo que a riqueza de Castela fora cara outros territorios, en moitos casos Flandres  e Italia, para pagar as soldadas ou as guerras. 
Pero pese a que a riqueza de Castela era inmensa, e as remesas de ouro non paraban de chegar, os gastos militares aumentaban. Isto fixo que os monarcas recorreran a banqueiros para solicitar prestamos para pagar os gastos do Estado. A cambio de estes prestamos poñían como garantía as futuras remesas de metais preciosos que viñan de América. Pero o problema foi que a finais do s. XVI e comezos do s. XVII as remesas de ouro e prata chegaban en menor cantidade, debido a que as minas se estaban esgotando. Iso acabou provocando o colapso da economía española.
Isto acabou provocando que no s. XVII se deran as seguintes consecuencias.
  • Caída da actividade artesanal como consecuencia do aumentos dos impostos e a incapacidade de facerlle a competencia os tecidos ingleses e flamengos (de maior calidade e menor prezo).
  • O comercio americano contraeuse debido a competencia dos ingleses e holandeses, e moitas veces como consecuencia do pirateo e o contrabando. Isto levou diminución da cantidade dos metais preciosos chegados a P. Ibérica.
  • A produción agrícola e gandeira caeu como consecuencia da crise artesanal e comercial, que fixo diminuír a demanda de produtos como a la, e os alimentos.
Como consecuencia diso os ingresos da monarquía diminuíron, e a Facenda Real tivo que recorrer a subir os impostos para facer pago dos gastos, que empeorou a situación; e levou a petición de novos prestamos a banqueiros. Isto acabou provocando toda unha serie de bancarrotas ó longo do s. XVIII.

*Cheque. Tamén coñecida como " Carta de pagamento" era un documento que contiña unha orde de pago contra un deposito bancario, ou cantidade acumulada nun banco. Podía cobrarse en calquera delegación do banco depositante.

*Letra de cambio. Esta era un documento que servía para que un comerciante puidera comerciar de forma máis sinxela. Era un documento redactado entre os interesados que podía entregarse como medio de pago por unha transacción comercial. Facíase efectivo por medio dun banco, nun lugar e nunha data distintos da de orixe.

A sociedade durante a Idade Moderna.


A Sociedade o longo da Idade Moderna é moi similar a que veu da Idade Media, segue mantendo un sistema estamental en que podemos ver o grupo dos privilexiados, que non pagan impostos, son os propietarios da maioría das terras e da riqueza, viven a costa das rendas e impostos que obteñen dos resto da sociedade e viven segundo unhas leis propias. Para poder acceder a consideración de privilexiados adoita ser por nacemento, salvo no caso do clero. Dentro deste grupo podemos atoparnos cos nobres, dentro dos que podemos atoparnos a Alta Nobreza, os máis ricos e poderosos; e a Baixa Nobreza formados por escudeiros, cabaleiros ou fidalgos. En moitos casos estes perderon parte da súa importancia a medida que foi avanzando a Idade Moderna, xa que perden poder económico, pero seguen tendo os privilexios de clase. 

No caso do clero temos unha situación similar, xa que podemos dividilo en Alto Clero, formado por a xerarquía pontificia, os cardeais, arcebispos, bispos, abades e abadesas. En moitos casos estes proveñen de familias nobres, onde colocar os segundoxénitos ou membros da familia ós que non se puido casar. 
Aquí debo facer unha precisión para poder explicar isto ben. A medida que finaliza a Idade Media e comeza a Idade Moderna vaise institucionalizando o morgado: esta é unha forma institucional na que se prohibe a venda dunha parte do patrimonio territorial, que debe pasar integra ó primoxénitos varón, ou no caso o esposa da primoxénita. Isto fíxose como un medio de asegurar unha estabilidade económica para a familia, e que o patrimonio non se fora dividindo xeración a xeración. Iso acabou provocando que moitas familias non puideran costearse os contratos matrimoniais ou as dotas, e que os fillos segundoxénitos quedasen fora da herdanza. Unha saída para os fillos das grandes familias foi recorrer a enviar ós seus fillos cara a Igrexa, xa que desa forma aseguráballe unha posición social privilexiada.
Logo temos un Baixo Clero formado por párrocos, clérigos, monxes e monxas. Estes poden provir de grupos non privilexiados, pero en moitas ocasións tamén son "familiares" de membros das familias dos privilexiados.
Os membros do clero forman parte da elite social, política, económica e espiritual das sociedade: tendo un gran peso nas decisións das comunidades.

O grupos non privilexiados temos o que coñecemos como Terceiro Estado durante o Antigo Réxime, xente do común ou pecheiros. Estes estaba formado por un conxunto complexo de individuos e formaba a maior parte da sociedade, entre o 85% e o 90%. Dentro del podemos atoparnos: os burgueses, artesáns, comerciantes, criados, campesiños, xornaleiros, marxinados, mendigos, etc. Estes pagaban impostos e adicábanse principalmente á actividades produtivas. 
E certo que ó longo da Idade Moderna a importancia de certos sectores, como pode ser a burguesía, creceu de forma considerable; xa que se adicaban a actividades moi lucrativas como o comercio coas colonias, a banca, a produción artesanal, etc. 
Moitos destes burgueses chegaron a acumular grandes fortunas que igualaban á dos privilexiados. Iso fixo que algún nobre empobrecido decidira casar con algún destes burgueses, facendo que as familias emparentaran. isto foi o caso dos Fugger ou os Welser. Tamén se podía o caso de que os monarcas, debido ós favores ou prestamos concedidos, outorgaranlle títulos nobiliarios a moitas destas familias como os Spínola ou os Médici.

A evolución demográfica.

A Idade Moderna veu precedida por unha tremenda crise demográfica durante o s. XIV, e que foise recuperando durante o s. XV. Isto fixo que os primeiors anos da Idade Moderna foron considerados como unha continuación da fase de recuperación, pero que se dveu de forma lenta e progresiva. a natalidade e a mortandade seguiron sendo elevadas, e iso fixo que o crecemento da poboación fora lento, pero constante. En 1500 a poboación recupera a poboación que había antes da Peste Negra. Pero este crecemento da poboación vai ser posible grazas o crecemento económico, o descubrimento de novas terras onde comerciar, a redución das pandemias e a mellora da alimentación.