A Sociedade o longo da Idade Moderna é moi similar a que veu da Idade Media, segue mantendo un sistema estamental en que podemos ver o grupo dos privilexiados, que non pagan impostos, son os propietarios da maioría das terras e da riqueza, viven a costa das rendas e impostos que obteñen dos resto da sociedade e viven segundo unhas leis propias. Para poder acceder a consideración de privilexiados adoita ser por nacemento, salvo no caso do clero. Dentro deste grupo podemos atoparnos cos nobres, dentro dos que podemos atoparnos a Alta Nobreza, os máis ricos e poderosos; e a Baixa Nobreza formados por escudeiros, cabaleiros ou fidalgos. En moitos casos estes perderon parte da súa importancia a medida que foi avanzando a Idade Moderna, xa que perden poder económico, pero seguen tendo os privilexios de clase.
No caso do clero temos unha situación similar, xa que podemos dividilo en Alto Clero, formado por a xerarquía pontificia, os cardeais, arcebispos, bispos, abades e abadesas. En moitos casos estes proveñen de familias nobres, onde colocar os segundoxénitos ou membros da familia ós que non se puido casar.
Aquí debo facer unha precisión para poder explicar isto ben. A medida que finaliza a Idade Media e comeza a Idade Moderna vaise institucionalizando o morgado: esta é unha forma institucional na que se prohibe a venda dunha parte do patrimonio territorial, que debe pasar integra ó primoxénitos varón, ou no caso o esposa da primoxénita. Isto fíxose como un medio de asegurar unha estabilidade económica para a familia, e que o patrimonio non se fora dividindo xeración a xeración. Iso acabou provocando que moitas familias non puideran costearse os contratos matrimoniais ou as dotas, e que os fillos segundoxénitos quedasen fora da herdanza. Unha saída para os fillos das grandes familias foi recorrer a enviar ós seus fillos cara a Igrexa, xa que desa forma aseguráballe unha posición social privilexiada.
Logo temos un Baixo Clero formado por párrocos, clérigos, monxes e monxas. Estes poden provir de grupos non privilexiados, pero en moitas ocasións tamén son "familiares" de membros das familias dos privilexiados.
Os membros do clero forman parte da elite social, política, económica e espiritual das sociedade: tendo un gran peso nas decisións das comunidades.
O grupos non privilexiados temos o que coñecemos como Terceiro Estado durante o Antigo Réxime, xente do común ou pecheiros. Estes estaba formado por un conxunto complexo de individuos e formaba a maior parte da sociedade, entre o 85% e o 90%. Dentro del podemos atoparnos: os burgueses, artesáns, comerciantes, criados, campesiños, xornaleiros, marxinados, mendigos, etc. Estes pagaban impostos e adicábanse principalmente á actividades produtivas.
O grupos non privilexiados temos o que coñecemos como Terceiro Estado durante o Antigo Réxime, xente do común ou pecheiros. Estes estaba formado por un conxunto complexo de individuos e formaba a maior parte da sociedade, entre o 85% e o 90%. Dentro del podemos atoparnos: os burgueses, artesáns, comerciantes, criados, campesiños, xornaleiros, marxinados, mendigos, etc. Estes pagaban impostos e adicábanse principalmente á actividades produtivas.
E certo que ó longo da Idade Moderna a importancia de certos sectores, como pode ser a burguesía, creceu de forma considerable; xa que se adicaban a actividades moi lucrativas como o comercio coas colonias, a banca, a produción artesanal, etc.
Moitos destes burgueses chegaron a acumular grandes fortunas que igualaban á dos privilexiados. Iso fixo que algún nobre empobrecido decidira casar con algún destes burgueses, facendo que as familias emparentaran. isto foi o caso dos Fugger ou os Welser. Tamén se podía o caso de que os monarcas, debido ós favores ou prestamos concedidos, outorgaranlle títulos nobiliarios a moitas destas familias como os Spínola ou os Médici.
Ningún comentario:
Publicar un comentario