xoves, 31 de outubro de 2013

Actividades da ponte.

Vou poñer a continuación os datos de dous climogramas diferentes. A idea e ir facendo algo durante este macroponte que sirva para repasar para o exame. O que os faga levara un positivo extra.
Tede en conta que debedes seguir os seguintes puntos.
  1. Realizar o climograma.
  2. Atopar os datos de costume: oscilación térmica anual, precipitación anuais e temperatura media anual.
  3. Dicir que clima é, pero recordade hai que razoalo.
  4. Indicar a paisaxe que corresponde con ese clima.
Podedes enviarme as respostas por correo electronico, o correo de sempre, ou colgalas no blog. Tede en conta de que vou controlar os comentarios. Non van ser publicados de forma clara ata que eu o decida. Aínda que poñades o comentario, eu teño que autorizar a súa publicación.
Fagoo para que non haia listillos, que copien a resposta dos compañeiros.
No correo, debedes adxuntar unha imaxe (foto ou escaneo do climograma) ou ensinarmo o próximo día de clase.

Climograma A.



X
F
M
A
M
X
Xl
A
S
O
N
D
T en º C
6
7
8
11
14
17
20
19
17
13
8
7
P en mm.
131
86
80
64
74
61
52
60
77
87
92
105


Climograma B.



X
F
M
A
M
X
X
A
S
O
N
D
T en º C
7
8
10
11
13
16
18
18
16
14
10
8
P en mm.
203
136
137
108
107
64
38
39
51
117
191
178



Ningún comentario:

Publicar un comentario