Actividade de 3 de ESO.
Día 26 de marzo de 2020
O que tedes que facer agora é avanzar un pouco máis no tema
do sector servizos. Hoxe imos a tratar o turismo.
Tedes que facer os seguintes elementos.
Ler as páxinas 152 ata a 155. Para os que deixaron o libro
de texto na casa, deixo o seguinte enlace.
Turismo.
Turismo.
Quero que fagades as seguintes actividades, que teñen que ser enviadas o meu correo electrónico antes do día 3 de abril.
Actividade 1.
Buscar información sobre os principais lugares turísticos do
2019. Para iso tedes que buscar en internet e buscar os 10 lugares que
recibiron máis turistas durante o ano 2019.
Tamén quero que este no caderno.
Tamén quero que este no caderno.
Actividade 2.
Na páx. 153 hai un cadro que pon os tipos de turismo. Tedes
que buscar en internet un exemplo de cada un dos tipos de turismo que aparecen
alí.
Exemplo: Turismo de sol e praia. Xente que vai de turismo a
Sanxenxo.
Tamén quero que este no caderno.
Tamén quero que este no caderno.
Actividade 3.
Copiar o seguinte esquema no caderno, e logo mandar unha foto o
correo.
Actividade 4.
Facer unha redacción, vídeo ou gravación de voz, onde me expliquedes que sitios vos gustaría
visitar cando forades maiores.
Aquí tes que explicarme os seguintes apartados.
a) Que sitio che gustaría ir cando foras maior como turista? Razoa a resposta.
b) Cales son os motivos de interese nese lugar? Razoa a resposta.
c) Que cousas quererías ver alí? Razoa a resposta.
d) Explica con quen che gustaría ir? Familia, amigos, moza, etc. Razoa a resposta.
e) Que medio de transporte che gustaría usar para ir ata alí? Razoa a resposta.
f) Pensas que o que che gustaría visitar agora, gustarache igual cando teñas 30 anos ou cando teñas 65 anos? Razoa a resposta.
g) Cales pensas que son os principais motivos para facer turismo? Razoa a resposta.
h) Pensas que o turismo trae máis beneficios ou desvantaxes a túa zona.