xoves, 26 de marzo de 2020

O turismo.


Actividade de 3 de ESO.

Día 26 de marzo de 2020

O que tedes que facer agora é avanzar un pouco máis no tema do sector servizos. Hoxe imos a tratar o turismo.
Tedes que facer os seguintes elementos.
Ler as páxinas 152 ata a 155. Para os que deixaron o libro de texto na casa, deixo o seguinte enlace.
Turismo.

Quero que fagades as seguintes actividades, que teñen que ser enviadas o meu correo electrónico antes do día 3 de abril.

Actividade 1.

Buscar información sobre os principais lugares turísticos do 2019. Para iso tedes que buscar en internet e buscar os 10 lugares que recibiron máis turistas durante o ano 2019.
Tamén quero que este no caderno.

Actividade 2.

Na páx. 153 hai un cadro que pon os tipos de turismo. Tedes que buscar en internet un exemplo de cada un dos tipos de turismo que aparecen alí.
Exemplo: Turismo de sol e praia. Xente que vai de turismo a Sanxenxo.
Tamén quero que este no caderno.

Actividade 3.

Copiar o seguinte esquema no caderno, e logo mandar unha foto o correo.

Actividade 4.

Facer unha redacción, vídeo ou gravación de voz,  onde me expliquedes que sitios vos gustaría visitar cando forades maiores.
Aquí tes que explicarme os seguintes apartados.

a)       Que sitio che gustaría ir cando foras maior como turista? Razoa a resposta.

b)      Cales son os motivos de interese nese lugar? Razoa a resposta.

c)       Que cousas quererías ver alí? Razoa a resposta.

d)      Explica con quen che gustaría ir? Familia, amigos, moza, etc. Razoa a resposta.

e)      Que medio de transporte che gustaría usar para ir ata alí? Razoa a resposta.

f)        Pensas que o que che gustaría visitar agora, gustarache igual cando teñas 30 anos ou cando teñas 65 anos? Razoa a resposta.

g)       Cales pensas que son os principais motivos para facer turismo? Razoa a resposta.

h)      Pensas que o turismo trae máis beneficios ou desvantaxes a túa zona.

15 comentarios:

  1. Hola,creo que a cantidade de deberes son excesivos,poderias mandar menos??Porque eu non dou a basto con todo o que mandan os profesores e é demasiado traballo ao mesmo tempo

    ResponderEliminar
  2. Querido Profesor,queria trasladarle mi más sincera opinión sobre la cantidad de deberes que usted nos ha mandado a lo largo de estas dos semanas de confinamiento,muchos compañeros de clase y yo pensamos que dicha cantidad es excesiva,y le pedimos por lo tanto que rebaje la cantidad.

    Saludos cordiales.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estou mandando deberes para facer durante unha semana. Non estou mandando tódolos días. E esto é para facer en toda a semana que ven.
      Mandei tres actividades para tres semanas. Non creo que sexa para tanto as actividades que mandei. Porque moitos dos vosos compañeiros xa as entregaron todas a día de hoxe, e estas son para o venres 3.
      Ou sexa mandei unha actividade cada semana.
      A primeira mandei as de transportes. que din unha semana para entregalas.
      A segunda facer un traballo de dúas materias (para non saturarvos).... din outra semana.
      Esta que dou unha semana para que é copíar un esquema na libreta, buscar 10 lugares turisticos en internet, agrupar un lugares turísticos co seu tipo de turismo e facer unha redacción... e que tedes que para facer toda a semana que ven....
      Tres actividades.... en tres semanas.
      Por certo hai xente que xa mo entregou onte todo.

      Eliminar
  3. Boas profesor
    Desde a opinión de toda a clase, queremos falar con vostede xa que a cantidade deberes que nos está a mandar é bastante excesiva, e non só o dicimos por vostede, o dicimos en xeral, non podemos facer tanto traballo á vez.
    Grazas

    ResponderEliminar
  4. Profe yo creo que esto es mucho, tenemos que hacer cosas de 8 asignaturas durante toda la semana y la mayoría nos mandan deberes cada 2 días mas o menos, esto se parece más a un trabajo de 2 días o 3 que a unos deberes normales y teniendo en cuenta la situación, no creo que se necesite tanto para mantener un nivel normal. A parte, si bien el esquema es una buena forma de estudiar las cosas, no veo motivo para tener que copiarlo a mano, a mi por lo menos no me aporta nada distinto a si lo hubiese fotocopiado y pegado en la libreta, así me ahorro los 20 minutos que tardo en copiarlo y lo tengo estudiado en ese tiempo o menos. (soy Yeray)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Como xa dixen isto non é un traballo para un día, e un traballo para unha semana.
      E quero o esquema na libreta a man.

      Eliminar
  5. Profe, na actividade 4, cantos lugares temos que por na redacción?

    ResponderEliminar
  6. Desde mi sincera opinion muchos deberes mas de los que se hacen en clase normal durante toda la semana y hay mas materias para hacer que no sean Xeografia e Historia

    ResponderEliminar
  7. Bos días profe, esto temos que mandarcho por pdf como na outra ultima tarea ou podemos mandarche fotos da libreta?

    ResponderEliminar
  8. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  9. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar