martes, 14 de abril de 2020

Sector Servizos: outros tipos.

Bos días,

Ante todo espero que todos estedes ben, e que a Semana Santa fora o máis relaxante posible. Pero temos que volver o traballo. Así que esta semana vou mandar o seguinte.

Tedes que ler no libro as páxinas 156e 157, que son o Apartado 10 do Tema de Sector Servizos.
Se algún de vós non ten o libro, deixo o enlace  debaixo para que poidades ler.

Logo o que quero que fagades é facer as Claves para Estudar da Páxina 157.

E logo o que teredes que facer son as actividades finais do tema.
Páxina 164.
Actividade 23, nesta tedes que facer o esquema do Comercio, o outro xa está feito.
Actividade 24.
Actividade 25.

Tedes para facelo esta semana, e o prazo de entrega é o día 18 de abril as 20:00. Quero que me enviedes os deberes feitos, e logo o luns mandarei a plantilla de corrección. Para ver que esten feitos tedes que mandarme imaxes do caderno ó meu correo electrónico.
Para outros aspectos do tema tamén deixo o seguinte enlace.
Tema Sector Servizos.

Consellos sobre iso.

Mirade estas entradas que fixen antes.




2 comentarios:

  1. Ola profe, son Inés de 3ºA. Quería preguntar onde podo atopar as correcións dos outros días, xa que non as vin ningunha das veces que mirei a páxina.
    Un saúdo.
    Inés.

    ResponderEliminar
  2. https://aulaxeoeso.blogspot.com/2020/03/correccions-das-actividades-do-dia-18.html
    Neste enlace tes a corrección das anteriores actividades. Se te refires o dos 10 lugares máis túristicos, esa non a colguei, pero é que todo o mundo a fixo be. Esa era moi sinxela.

    ResponderEliminar