luns, 20 de abril de 2020

Corrección da actividades do 14 o 18 de abril.

Aqui deixo as correccións das actividades da semana pasada.

 
Define os seguintes elementos:
Servizos financeiros:
Son o conxunto de actividade e negocios que se dedican a xestionar o diñeiro ou os cartos. Este faise a través do investimento, o préstamo e o aforro.
Exemplo: Bancos.

Sistema financeiro:
O sistema financeiro é o conxunto de institucións e medios (empresas) que poñen en contacto ás empresas ou persoas que precisan cartos con aquelas (empresas ou institucións) que ofrecen capital. O seu obxectivo básico é facilitar a economía. Este favorece que o aforro se converta en investimento.
Exemplo de institucións: os prestamos ou subvencións que outorga o estado a empresas para mellorar ou desenvolver a súa actividade.

Mass Media:
A Mass Media é un tipo de medio de comunicación, que pon en contacto ó público xeral coa información por medio prensa escrita, radio, televisión ou internet.
Exemplos de prensa escrita: El País, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, etc.
Exemplo de Radio: RNE, SER, a COPE, etc.
Exemplo de Televisión: TVE ou A3, Telecinco, etc.
Exemplo de internet: Canles de noticias oficiais

Servizos a empresas.
Son todas aquelas actividades que unha empresa contrata para satisfacer as necesidades que a devandita empresa non pode realizar ou non sabe realizar. Hai dous tipos o servizos intensivos en coñecemento e os servizos operativos.
Exemplo:
Supermercado contrata a unha empresa para conectar e poñer a funcionar o sistema informático das caixas.

Por que dicimos que as Tic están evolucionando o mundo?
O uso da Tecnoloxía permite cambiar a realidade de moitas cousas,  que antes non eran posibles. Por exemplo, permite novas formas de facer negocios, permite unha nova organización do traballo (por exemplo, o teletraballo), permite realizar traballos de forma máis tecnolóxica, etc.  

PENSA.
Un avogado que traballa pola súa conta, presta un servizo persoal ou a empresas?
Pode facer ambos, xa que un avogado que traballa pola súa conta decide cal é o seu cliente, e poden ser persoas particulares ou empresas. Normalmente un avogado convina os dous tipos de clientes.



Actividade 23. Resume o esencial.





Conceptos:
Actividade 24.
Pensa e responde:
No comercio so se intercambian mercadorías?
Non, o comercio pode intercambiar bens e servizos.  

Un Hospital é un servizo público e privado?
Iso depende de quen dirixa o hospital. No caso de que sexa público a xestión esta realizada polo goberno e o ministerio ou consellería de Sanidade. Iso implica que o presuposto do hospital é pagado polo Estado.
Exemplo. Hospital de Montecelo.
Pero tamén poden existir hospitais privados creados e xestionados por empresas particulares. Este esta costeado polas persoas que se curan alí, e pagan o seu servizo en metálico ou por medio de aseguradoras privadas.
Exemplo: Sanatorio Domínguez ou Hospital QuironSalud Miguel Domínguez.

Que é un bloque comercial?
Son alianzas entre países para facilitar o comercio entre eles. Existen as areas de libre comercio (exemplo o Tratado de Libre Comercio de América do Norte ou TLCAN)  e as Unión Aduaneiras (Exemplo a Unión Europea).

Que significa unha balanza comercial positiva?
Pois a balanza comercia é a diferenza entre as exportacións (os produtos ou servizos que vendemos a outros países) e a importacións (produtos ou servizos que compramos a outros países). Unha balanza comercial é positiva cando o valor das exportacións supera o valor das importacións.

Que vantaxes ten a intermodalidade nos transportes?
A intermodalidade facilita o traslado de mercadorías e persoas, facéndoas máis rápidas e baratas.

Que é a deslocalización dos servizos?
A deslocalización dos servizos é unha practica realizada por moitas empresas, que desvían os seus servizos a países onde a man de obra é mais barata, e así aforran custos de produción. Isto foi grazas o desenvolvemos das TICs.
Exemplo: As empresas de telefono contratan a persoas en América do Sur, e traballan dende alí, para facer os servizos de asistencia ou para contratar os servizos. Fan isto porque falan español, e porque pagan os soldos de alí, que son moito máis baratos. 

Actividade 25.
Explica a diferenza entre:
Área de libre comercio e unión aduaneira.
A área de libre comercio é un acordo entre varios países para evitar pagar impostos pola circulación de mercadorías entre eles; mentres que unha unión aduaneira fai a libre circulación de mercadorías entre eles, pero ademais fai que todos teñan a mesma política comercial cos países non membros.

Medios de comunicación interpersoais e a mass media.
A comunicación interpersoal son as relación entre dúas persoas de forma directa e persoal, mentres que a mass media esta dirixida a toda a poboación de forma pública.



Ningún comentario:

Publicar un comentario