martes, 28 de abril de 2020

Actividade sobre os sectores económicos.


Actividade do Sector Servizos do día 28 de abril.
Para a seguinte actividade imos facer unha redacción, un vídeo ou unha gravación de son, como fixemos a outra vez. Nesta caso o que quero é que reflexionedes sobre os Sectores Económicos, pero centrándonos un pouco no Sector Servizos.
Para facer isto quero que reflexionedes ben sobre unha serie de cuestión que vós vou propoñer aquí.
Se tiveras que escoller un so sector económico, ¿cal é o sector económico máis importante de todos? Razoa a resposta, e explica porque un che parece máis importante que os demais.
Cando vemos o seguinte gráfico podemos ver a situación de España a finais de 2019.
No que vemos de Verde o sector servizos cun 76%, seguido pola industria por un 14%. Logo teriamos a construción, que esta como un aspecto peculiar de España. E por ultimo temos o sector primario cun 4% da poboación.
 

Pero se comparamos con outros países, sería diferente. 

Dentro de España temos un peso máis importante do sector servizos, consideras que iso é o mellor ou tería que ter máis importancia outros sectores.
¿Somos moi diferentes o resto de países europeos? Razoa a resposta.
¿Vendo o gráfico nº2 pensas que para ser un país rico, un país debe ter industria? Compara por exemplo co caso de Alemaña. Razoa a resposta.
Agora imos a centrarnos un pouco máis no sector servizos. Despois destes días de problemas coa pandemia, que opinades sobre a importancia dos servizos públicos.
¿Deberíamos potenciar aínda máis a sanidade publica? Razoa a resposta.
¿Pensades que países, como Estados Unidos por exemplo, que non ten un sistema de Saúde Publica pagado polo Estado está tan preparado coma España para soster esta pandemia? Razoa a resposta.
Todos veriades que aínda que temos unha sistema de saúde publica houbo problemas. ¿Pensades que iso pode ser debido ós recortes dos últimos anos, e os problemas tras a crise económica de 2007? Razoa a resposta.
Para realizar a tarefa, como xa dixen antes, podedes enviar unha redacción, un vídeo ou unha gravación de son contestando as preguntas que aparecen en negrilla. Logo tedes que enviarma o correo electrónico da forma correcta. Xa tedes que saber ben como se envía un email.
Se enviades unha redacción ten que ser en arquivo de texto, que pode ser odt, .doc, ,docx ou pdf. Se alguén a quere enviar a man, ten que enviala como pdf, co sistema de Office Lens que vos puxen o outro día.
Se enviades a gravación de son en mp3 ou similar. (os formatos que enviáchedes as outras veces foron correctos).
Se enviades en gravación vídeo en mp4 ou similar. (os formatos que enviáchedes as outras veces foron correctos).
Tedes ata as 10:00 do luns, día 4 de maio, para entregar a tarefa.

2 comentarios:

  1. Ola, bos días.
    Profe o día 5 de maio é martes. Enviámolo o luns ou o martes?

    ResponderEliminar
  2. Tes razón, debín confundirme ó mirar o calendario, para o lúns 4 de maio.

    ResponderEliminar