luns, 12 de agosto de 2019

Carlos I de España e V de Alemaña.

Herdanza de Carlos I:

Herdanza de Carlos I

Naceu nos Países Baixos, onde foi educado en costumes flamengas. Fillo de Felipe, o Fermoso, e Xoana de Castela, grazas as alianzas políticas iniciadas polos seus avós conseguiu crear un gran imperio en Europa e ser o monarca máis importante da súa época. As alianzas permitíronlle conseguir o control de enormes territorios:
Herdanza de súa nai: Xoana de Castela. 
  • Herdanza Materna de Isabel de Castela.
    • Coroa de Castela coas súas posesión atlánticas e as colonias americanas. 
    • Reino de Navarra.
    • Reino Nazarí de Granada.
  • Herdanza Paterna de Fernando de Aragón. 
    • Coroa de Aragón.
    • Posesión do Mediterráneo:
      ¨ Córsega.
      ¨ Sardeña.
      ¨ Sicilia.
      ¨ Nápoles.

Herdanza de seu pai: Felipe o Fermoso. 

  • Herdanza materna de María de Borgoña.
    • Ducado de Borgoña.
    • Franco Condado.
    • Países Baixos.
  • Herdanza paterna de Maximiliano de Austria.
    • Posesión austríacas no Sacro Imperio.
    • Posibilidade de recibir o título de Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.


Herda os territorios na Península Ibérica trala morte de Fernando, o Católico, en 1516, e ante a incapacidade de que goberne a súa nai, que se atopa afectada por toda unha serie de males dende a morte do seu esposo. Tamén consegue o control sobre as posesións europeas trala morte do seu avó, Maximiliano en 1519.

Intentou continuar coa política de afianzamento do poder rexio e a consolidación do Estado Moderno que iniciaran os seus avós.
  • Creación dun Estado Moderno.
  • Fortalecemento do poder dun monarca autoritario.
  • Defensa do Cristianismo Católico.
  • Etc.

Carlos I na Península Ibérica.

A comezos do seu reinado tivo a oposición de parte da poboación debido a que non falaba o castelán, nin ningunha das outras linguas propias da península. Ademais Carlos mostrouse moito máis interesado en acrecentar os seus territorios en Europa, que en gobernar os reinos da Península Ibérica. Este ultimo veuse claro cando seu avó paterno morreu, e foi a Alemaña a reclamar o título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e deixou o goberno en mans de conselleiros flamengos, que chegaron con el a Castela. Entre estes conselleiros o máis salientable era Adrián de Utrech, que ocupou o cargo de rexente na ausencia do monarca.

Todo isto foi visto con malos modos nas autoridades tradicionais do reino e na poboación xeral, que tivo como consecuencias do seu goberno o estouprido de dúas rebelións.

Rebelión dos Comuneiros en Castela (1520-21).

Tamén coñecidada como a Revolta das Comunidades foi a forma na que os habitantes de Castela demostraron o seu malestar as políticas realizadas por Adrián de Utrech, como representante do monarca. Os rebeldes esixiron que os impostos pagados por Castela debían ser usados para atender as necesidade do reino, e non nas políticas europeas. Ó mesmo tempo solicitaron que o monarca incluira dentro dos seus conselleiros a un maior numero de casteláns, e que o rei establecera a súa residencia en Castela. Pese que as revoltas tiveron un exito inicial en moitas das cidades, a falta de apoio da nobreza e do clero, fixo que esta fracasara. As tropas de Carlos I derrotaron ós comuneiros en 1521.

Rebelión das Xermanías na Coroa de Aragón(1519-23)

No caso das Xermanias afectou especialmente a Valencia e Mallorca, aproveitando a ausencia do monarca e o estoupido dun brote de peste. A situación acabaou levando a revoltas populares contra a nobreza e a reinvindicación de melloras para os pecheiros. 
As revoltas foron sometidas pola forza do exército. Tras a resolución deste conflito o reinado de Carlos I mantivo o reino pacificado na Península Ibérica. Nunca estivo demasiado tempo na Península Ibérica, pero mantivo como rexentes a persoas afíns, e que gozaron do apoio da poboación, como a súa esposa: Isabel de Portugal ou o seu fillo Felipe II.

A política exterior de Carlos I.

A política de Carlos I, especialmente a política exterior, estivo marcado por manter a unidade do seu imperio, pero tamén por defender os intereses dinásticos dos Austrias por manter a hexemonía en Europa. Pero uns dos maiores problemas do monarca foi manter viva a idea dunha monarquía universal e a defensa do cristianismo católico. Isto levou a toda unha serie de enfrontamentos ó longo do seu reinado, que lle levou a loitar con: os turcos, como defensores do cristianismo fronte o islam; a loita contra e expansión do protestantismo, especialmente con Lutero e Calvino; e os enfrontamentos contra Francia, como principal rival europeo. 

Loita contra Francia.

A idea do Imperio Universal levou a un enfrontamento con Francia, o única potencia continental que lle podía facer fronte. Durante o reinado de Carlos os enfrontamentos entre ambas potencias foron constantes, especialmente no Norte de Italia (o Milanesado), Flandres e Borgoña.

Carlos I intentou neutralizar a Francia, e arredala de forma definitiva de Italia e do ducado de Borgoña. Os diferentes enfrontamentos foron favorables para as tropas de Carlos I, que mantiña unha superioridade militar, gracias ós Terzos. Isto permitiulle derrotar as tropas francesas na Batalla de Pavía (1525), onde fixo prisioneiro a Francisco I, rei de Francia. Pero isto non solucionou os problemas, xa que o monarca francés conseguiu o apoio de Clemente VII, o pontífice romano, provocando problemas para a unidade imperial. Para castigar ó Papa, Carlos I provocou o Saqueo de Roma en 1527 polas tropas imperiais. Ante isto Carlos I intentou negociar cos seus rivais, e firmou a Paz de Cambrai en 1529. Pero, a pesar disto, o enfrontamento con Francia mantívose durante o resto do seu reinado, ata que Felipe II derrotou as tropas francesas na Batalla de San Quintín en 1557, e obrigou a Francia a firmar o Tratado de Canteu-Cambrésis en 1559.

Loita contra o Imperio Otomán.


Dende o século XV o Imperio Otomán foron expandíndose por Europa Oriental, especialmente pola Península dos Balcáns, e ameazando os dominios austríacos dos Habsburgo. Para defender os dominios o emperador tivo que defender Viena. Pero o mesmo tempo convertéronse nun perigo para o comercio do Mediterráneo Occidental, xa que o Imperio Otomán apoiou economicamente os piratas berberiscos. Estes atacaban os barcos cristiáns e realizaban razzias sobre os portos e as costas cristiáns. Para solucionar isto realizou toda unha serie de operacións, como a conquista de Tunisia en 1535, pero que non solucionou o problema. Estas operación supuxeron un enorme custo en tropas e fondos. O enfrontamento durou o resto do reinado de Carlos I, e rematara en tempos de Felipe II.

A loita contra o protestantismo.

Pero sen lugar a dubidas o peor problema o que se enfrontou Carlos I foi a loita contra a herexías relixiosas protestantes, que apareceron durante o seu reinado. No caso máis destacable podemos ver a figura de Martín Lutero, que se considerou o principal lider da Reforma Protestante. Este alemán predicou especialmente no Sacro Imperio, polo que Carlos veuno como un elemento de debilidade do seu poder. O perigo agravouse cando toda unha serie de príncipes alemáns aceptaron as doutrinas de Lutero, e o protexeron. Isto fixo que o protestantismo fora expandíndose por Alemaña e Flandres.

A loita contra os protestantes converteuse nunha obsesión persoal de Carlos I, e levoulle a perseguir ós protestantes polos seus dominios. Os príncipes protestantes alemáns formaron unha alianza coñecida co nome de Liga de Esmalcada (1531), que foi derrotada na Batalla de Mühlberg (1547). Pero a vitoria no campo de batalla, non supuxo a derrota dos protestantes, que seguiron socavando o poder do Emperador. Isto obrigou ó emperador a firmar a Paz de Augsburgo (1555), no que concedía a liberdade relixiosa ós príncipes alemáns, e supuxo a derrota definitiva ó seu ideal de unidade relixiosa no continente.

O final do reinado de Carlos I.

O fracaso ante os protestantes provocou a inestabilidade do monarca, que canso de tanto conflito, decidiu renunciar ó poder no ano 1556. Dividiu o seu imperio entre o seu irma Fernando, a quen lle cedeu o trono imperial e os dominios alemáns; e o seu fillo Felipe, a quen lle traspasou os dominios da Monarquía Hispánica, Borgoña, Flandres e o Franco Condado. Tralo cal, Carlos I retirouse ó mosteiro de Yuste (Estremadura), onde pasou os seus derradeiros anos de vida.
Os problemas de todas estas guerras supuxeron un enorme gqasto para a Facenda Real, o que levou a Carlos e os seus sucesores a incrementar os impostos, sobre todo en Castela. Pero pese a que os ingresos aumentaban, e as riquezas procedentes das colonias chegaban en grandes cantidades: os gastos eran moi superiores. Iso acabou obrigando a Carlos I a recorrer o endebedamento fronte banqueiros alemáns, flamengos e italianos. Iso acabou provocando que poucos anos despois da súa morte Felipe II, o seu fillo, declarouse en bancarrota e suspendeu o pago das débedas pola incapacidade de poder facerlles fronte.

domingo, 11 de agosto de 2019

O reinado dos Reis Católicos.




Fernando, rei de Aragón, e Isabel, raíña de Castela, unen os seus reinos por matrimonio, aínda que isto non foi realizado ata que cada un deles accedeu o trono. Isabel consegue ser reina de Castela tras a morte do seu irmán, Henrique IV, en 1474; pero no caso de Fernando terán que esperar ata morte de Xoan II en 1479, o que lle permite herdar o trono.


Se ben é certo que os monarcas, coñecidos co nome de Reis Católicos, gobernaban conxuntamente os seus territorios, pero cada reino mantiña as súas propias institucións e leis. Esta foi unha unión dinástica, os reinos teñen os mesmos monarcas, pero cada reino mantense independente (posúe as súas propias leis, institucións, formas de gobernos, tribunais de xustiza, mantiveron as súas fronteiras. Etc..). Adoita dicirse que non será ata tempos de Carlos I, o neto dos Reis Católicos, cando se confirme a unión dinástica.


Política Exterior.
  • Iniciaron a conquista do resto dos territorios que conforma a España actual:
  • Conquistaron o Reino Nazarí de Granada, en 1492, que foi incorporado a Coroa de Castela..
  • Conquistaron o Reino de Navarra en 1512, que foi incorporado a Coroa de Castela..
  • Levaron a cabo unha expansión cara territorios fora da Península Ibérica:
    • Iniciaron unha política mediterránea que lle levaron a controlar: o Reino de Nápoles (Sicilia, Sardeña, o Sur de Italia) que foi anexionada a Coroa de Aragón en 1504; e certos puntos costeiros do Norte de África: Buxía (1510), Melilla (1497), Orán (1509), etc.
    • Continuaron a conquista das illas Canarias, que lle permite iniciar a conquista de América. A conquista das illas canarias rematou en 1496.
  • Levaron a cabo unha serie de alianzas diplomáticas, na que usaron os seus fillos e fillas para establecer as alianzas.
    • Catalina casou co rei de Inglaterra, Henrique VIII. 
    • Isabel e María casaron sucesivamente co rei de Portugal. 
    • Xoana casou con Felipe, o Fermoso.
    • Xoán casou con Margarida de Habsburgo, irmá de Felipe, o Fermoso.








Os monarcas consolidaron o poder dentro dos seus reinos.
No caso de Castela, o poder dos reis aumentou moito máis que en Aragón. En ambos reinos, os monarcas posuían enormes capacidade de poder, eran monarcas autoritarios. Os monarcas crearon o titulo de vicerrei para xestionar os asuntos de Aragón, mentres os monarcas non estaban el actuaba como o seu representante, gozaba de moito poder. Instalouse un sistema de sorteo para elixir os cargos municipais.



Desenvolvemento dunha monarquía autoritaria en Castela.
  • Creación da Santa Irmandade, actuaba como corpo armado para perseguir os bandidos e os criminais.
  • Formouse un Exército Profesional e permanente.
  • Creáronse os Consellos, que actuaba como asesores do rei para os asuntos diarios.
  • Creouse a Real Audiencia, que era un alto tribunal de xustiza.
  • Apareceu a Contadoría Real de Facenda, que se dedica a xestionar a recadación de impostos.
  • Apareceron os Correxidores, funcionarios reais que presidían os concellos e exercían función políticas en nome do rei.

Uniformidade Relixiosa.

Os Reis Católicos buscaban unificar o seu reino baixo a relixión cristiá. Isto levou a obrigar a xudeus (1492) e musulmáns (1502) a converterse o cristianismo (chamados conversos) ou ser expulsado dos seus territorios. Para controlar o mantemento da ortodoxia católica e controlar que os conversos, adoptasen o cristianismo ó completo, creouse o Tribunal da Inquisición.

Economía.


En ambos reinos a agricultura goza dunha gran importancia, aínda que a importancia do terreo en Castela sempre a fixo máis produtiva.

En Castela destacou a importancia da gandería ovina. Esta era usaba para a produción de la, que era enviada polos portos do cantábrico a Flandres e Inglaterra. Esta estaba controlada pola Mesta, unha organización de gandeiros que controlaba os pastos, os dereitos de paso, etc.. A Mesta estaba protexida polos Reis Católicos. Grazas os viaxes de Colón e o descubirmento e colonización de América iniciouse unha relación comercial con América, que trouxo moitos produtos comercias e enormes cantidades de ouro e prata.

No caso de Aragón trala Sentencia Arbitral de Guadalupe reguláronse as relación económicas entre os campesiños e os señores feudais, permitindo un renacemento comercial agrícola na Coroa de Aragón. pero Aragón tamén tiña unha importante rede comercial e industria artesanal que se centraba na zona de Cataluña, e que Valencia comezou a explotar a traves do seu porto.

A aparición do Estado Moderno

A finais da Idade Media moitos dos monarcas feudais aspiran a ter un poder maior que os seus predecesores, por iso optaron por consolidar a súa autoridade e crear o que se coñece como monarquías autoritarias. Nestas novas monarquías autoritarias os monarcas limitaron os poder da nobreza, da igrexa e dos concellos, e intentaron exercer un goberno baseado nun control persoal dos seus dominios. O Estado Moderno afianzouse  de forma especial en España, Francia e Inglaterra.
Os monarcas afianzar o seu poder, levaron a cabo a equiparación do monarca co Estado e levaron a cabo toda unha serie de medidas:
·         Unificar tódolos territorios baixo o dominio do monarca, e para consolidar todo este proceso intentaron realizar un goberno centralizado. Para controlar todo este novo poder, o monarca consolidou todas unha serie de persoas que obedecen as súas ordes: os funcionarios.
·         Aumento da eficacia da administración para consolidar todo ese novo corpo de funcionarios:
o   Estabilizaron a Corte nun só lugar, que se converte na Capital do Estado.
o   Aumento do poder dos funcionarios e o seu número.
·         Para poder realizar isto o monarca necesitaba unha gran cantidade de recursos económicos, e para iso era necesario a creación dun sistema de Facenda que fora máis eficiente. Para iso levouse a cabo toda unha serie de medidas:
o   Establecéronse novos Impostos.
o   Estableceuse un control sobre a recadación de impostos.
o   Aumentouse os ingresos do Estado.
·         Sometemento dos antigos poderes (Igrexa, Nobreza , as Cortes, os municipios, ...) ó Estado. Para iso limitaron a actuación das asembleas representativas (Estados Xerais, Parlamentos, Cortes, Dietas, etc.), que foron convocadas cada vez menos ocasións, e cando son convocadas, estaban controladas pola autoridade rexia.
·         Pero as antigas institución da Idade Media non aceptaron iso de xeito sinxelo, senón que o monarca tivo que facelo pola forma das armas, para iso creáronse Exércitos Reais e de carácter permanente. Desaparecen as milicias feudais e son substituídas por un exército profesional ou de mercenarios. Estes exércitos serías costeados cos novos impostos creados polos monarcas autoritarios.
·         Establecemento dun sistema de Diplomacia Permanente para defender os intereses do Estado e controlar as relacións entre Estados.

A Inquisición


Tema 11. A formación do Imperio Español. Os terzos.


Tema 10. A Reforma e a Contrarreforma.

A Reforma.

Durante o s. XVI comezou un proceso de intentar reformar a Igrexa Católica, que acabou provocando a creación de novas correntes relixiosas que se coñecen como o Protestantismo ou a Reforma. Este proceso foi iniciado por Martín Lutero, dando lugar o Luteranismo; e seguido por Juan Calvino, creando o Calvinismo. O proceso acabou consolidándose coa creación dunha reforma relixiosa en Inglaterra, propiciada por Henrique VIII, dando lugar o Anglicanismo.
Neste apartado o importante é analizar os seguintes conceptos:
  • Indulxencias.
  • Anglicanismo.
  • Luteranismo.
  • Calvinismo. 
Tes que analizar as características básicas de cada unha das novas relixións e os seus elementos máis significativos.

Reforma Protestante.

As criticas na Igrexa.
A igrexa é acusada de aloxarse dos ideais cristiáns debido a:
  • Ocupábase demasiado de asuntos políticos.
  • Relaxación de costumes no clero.
  • Desprestixio do papado.
  • Había demasiado compra de bens e dignidades eclesiásticas.
  • Abuso na venta de indulxencias e bulas.
  • ...
Érasmo de Rotterdam propón como solución a lectura persoal da biblia e o control das costumes.

A Reforma de Lutero.
Martín Lutero, Fraile agostiño que propuxo a ruptura coa Igrexa de Roma. No ano 1517 comezou criticando o sistema de indulxencias da Igrexa, e acabou manifestándoo manifestando as 95 Teses cravadas na porta da Catedral de Wittenberg.

Características da Igrexa Luterana.
  • Xustificación pola Fe. A relixión é unha cuestión persoal e basease na relación con Deus. Nela destaca a importancia da Fe en Deus como garante da salvación, supeditando o papel da Igrexa.
  • Sacerdocio Universal. Cada persoa pode actuar como o seu propio sacerdocio, xa que mediante a oración todos os crentes poden relacionarse directamente con Deus, motivo no que se fai innecesario a figura dun mediador con Deus. O sacerdocio convertese nunha profesión que serve os membros da comunidade. Elimínanse o celibato do clero, é dicir, a prohibición de casar, xa que esta non foi instituída por Deus, senón pola Igrexa Católica. O sacerdote debe realizar función sociais como a realización da eucaristía, a realización do Bautismo, realización de vodas, etc.
  •  Invalídanse a importancia dos sacramentos, salvo o Bautismo e a Eucaristía.Estes son os únicos sacramentos considerados importantes.
  • Autoridade Suprema da Biblia. Esta convertese na única fonte para o crente, que a debe interpretar el mesmo, dando un alto grao de liberdade sobre os asuntos relixiosos.
  • Nega a soberanía do Papa. Lutero nega a supremacía do pontífice sobre o resto da cristiandade; así mesmo nega os criterios propostos pola xerarquía eclesiástica.
  • Eliminase a intercesión dos santos e a Virxe. Estas figuras considéranse como persoas relevantes na relixión, pero non teñen ningunha función nin valor para os fíes, simplemente son exemplos de cristiáns ou persoas que viviron segundo a fe.

Protestantismo en Europa.
Esta estendese por Alemaña, Suecia, Noruega, Dinamarca, Países Baixos, Inglaterra, Suíza, etc.
https://plusultrailion.files.wordpress.com/2017/01/img002.jpg
 Ademais créanse novas variantes:
  1. Calvinismo.
Iniciado por Xoán Calvino en Suíza, levando unha postura máis radical que a Luterana.
  • Crenza na Doutrina da Predestinación. O destino da alma despois da morte esta determinado por Deus.
  • Deberes do Crente. Levar a cabo unha vida humilde e austera, e pretende gozar da graza divina.
  • Difusión. Este tivo como base Suíza, onde crearon un Estado Teocrático. Dende aí estende por Francia (Hugonotes) e por Inglaterra (Puritanos).
  1. Anglicanismo.
Iniciase en Inglaterra, por motivos políticos. Henrique VIII ten un conflito co Papa –Clemente VII –por negarlle a anulación matrimonial con Catalina de Aragón.
  • Acta de Supremacía (1534).
    1. Henrique VIII proclamase como xefe supremo da Igrexa de Inglaterra.
    2. Separase relixiosamente da Igrexa de Roma.
    3. A xerarquía eclesiástica de Inglaterra queda sometida a autoridade do rei de Inglaterra.

A contrarreforma.

Os procesos da Contrarreforma.
A contrarreforma foi un movemento promovido pola Igrexa de Roma (Igrexa Católica) e os lideres dos reinos defensores do cristianismo para loitar e frear a expansión do protestantismo.Surxiu como un movemento de Reforma no seo da Igrexa como medio de renovación para:
  • Corrixir os defectos cuestionados polos protestantes desde dentro.
  • Defender os dogmas de Fe do catolicismo.
  • Medidas para solventar.
    • Reforma das Ordes Monásticas como as propostas por Santa Teresa de Xesús nas Carmelistas, Franciscanos, etc..
    • Creación de Novas Ordes.
    1. Oratorios, Ursulianas, ... Todos estes pretendes predicar e evanxelizar ós fieis.
    2. Compañía de Xesús. Iniciada por San Ignacio de Loyola en 1537. Esta organizouse como una organización militar, cunha rexia disciplina e dependencia directa do Papa.
  • Reorganizase a Inquisición. Ocupase de perseguir e castigar ós herexes.
  • Iniciouse un proceso de Censura de Libros. Para elo creouse unha lista de libros prohibidos, organizada pola Congregación do Índice.
  • Celebración do Concilio de Trento (1545-63). Esta foi convocada po Paulo III e o emperador, Carlos V.

    O Concilio de Trento.

    1. Reafirmou os dogmas de Fe para consolidar a Igrexa Católica.
  • A salvación da alma será grazas ás boas obras e a Fe.
  • Reafirmase a preeminencia dos 7 sacramentos.
  • Carácter sacro da Eucaristía.
  • Reafirma a importancia do culto a Virxe e os Santos.
  • A Vulgata (biblia en latín) considerase como a única interpretación valida da palabra de Deus, que debe ser interpretada por persoas formadas.
  • Os fieis deben someterse os preceptos teolóxicos propostos pola Xerarquía Eclesiásticas. Esta goza de una relación especial con Deus, son os seus intermediarios.
    1. Buscou medidas para a reforma do clero, co obxectivo de ter unha visión máis erudita e formada sobre relixión.
  • Formar ós membros da Igrexa en Seminarios.
  • Aumentar a disciplina do clero.
  • Obrigación de celibato para o clero.
  • Obrigación para o clero dunha vida exemplar.

As Guerras de Relixión.

A novas concepcións relixiosas fixeron evolucionar as concepcións das costumes e as leis en moitos dos países de Europa. Isto acabou provocando a mestura de posturas relixiosas e políticas, que acabaron provocando posturas contrapostas. Isto acabou marcando un proceso de intolerancia relixiosa en moitos reinos. Os monarcas determinan a relixión dos seus súbditos, o que acabou provocando persecucións daquelas persoas que non acpetan a relixión oficial; e provocou toda unha serie de guerras de relixión, que tiveron en xaque Europa durante boa parte da Idade Moderna.
Un exemplo disto foi Carlos V (1521-1558) converteuse no defensor do catolicismo e loitou contra os protestantes. Impuxo o Catolicismo nos seus dominios, e perseguiu calquera outra forma de relixión. Isto foi especialmente conflitivo nos dominios alemans, onde o luteranismo tivo gran impulso, polo que levou a cabo diferentes políticas. 
Nun primeiro momento intentou levar a cabo unha solución pacifica convocando Dietas (Parlamentos en Alemaña), como a Dieta de Spira (1529), na que non se chegou a ningún acordo cos protestantes. Isto levou a guerra na que Carlos consegue sendas vitorias como na batalla de Mühlberg en 1547, pese a cal non puido someter os protestantes. Pese a que Carlos V ía gañando as batallas era incapaz de impoñer o catolicismo os seus habitatnes, iso levoulle a proclamar a Paz de Augsburgo en 1555, onde proclama a liberdade relixiosa nos seus dominios do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Este é so un dos exemplos, pero os problemas entre católicos e protestantes permaneceu durante case dous séculos.

venres, 9 de agosto de 2019

Tema 10. O Renacemento.

No referente ó Renacemento podedes usar o libro de texto, pero considero máis sinxelo usar os apuntes que vos din en clase. Vou deixalos aqui, tanto os apuntes como a presentación.

Apuntes.

Descargar o documento.

Tema 10. Novas formas de pensar: Humanismo.

Neste caso temos que analizar o Humanismo, como concepto, pero tamén as súas características básicas.

Hai que saber explicar os seguintes conceptos:
Humanismo.
Antropocentripsmo.
Heliocentrismo.
Teocentrismo.

Hai que destacar os seguintes elementos:
Explicar o cambio de mentalidade: destacando as características, os metodos de difusión do humanismo e os principais humanistas.
Explcar a nova ciencia: os principais avances e os principais cientificos.

Renacemento

Presentación de Renacemento.



A Conquista de México.


A Conquista de América.


Tema 10.

No caso do tema 10 imos a dividilo en tres partes: unha referdica o Renacemento, outra cara a Reforma Cientifica e o Humanismo e outro a Reforma e a Contrarreforma.

Tema 9. A Idade Moderna, unha nova era.

No tema 9 temos o inicio da Idade Moderna.
Neste caso temos que analizar os seguintes conceptos.
  • Idade Moderna.
  • Letras de cambio.
  • Precolombinos.
  • Tratado de Tordesilla.

Hai que explicar os seguin elementos.
Explicar os avances na navegación e os seus elementos máis importantes.
Explicar os perigos do mar.
Explicar o descubrimento de América.
Explicar a primeira volta ó mundo e a repartición do Mundo Coñecido.
Explicar a América Precolombina e as características principais do Maias, Aztecas e o Incas.
Explicar o auxe da burguesía.
Explicar os novos instrumentos económicos.

Tema 5. O Sector Serizos.

Neste tema 5 hai que estudar o sistema do Sector Servizos ou Sector Terciario.

Neste caso hai que saber a definición dos seguintes conceptos.

  • O Sector Servizos.
  • Balanza comercial.
  • O comercio. 
  • Áreas de libre comercio.
  • Unión Aduaneira.
  • Eixes comerciais.
  • O turismo.
  • Servizos financeiros.
  • Servizos da información e a comunicación.

Nos aspectos máis importantes son:

Explicar cal é a importancia do sector servizos.
Explicar a diferenza entre os diferentes tipos de servizos: públicos e privados.

Explicar o comercio  e os factores principais.
Explicar as diferenzas entre o comercio interior e co comercio exterior, e todas as súas características principais.
Explicar a diferenza entre medios de transporte e infraestruturas.
Explicar as función dos transportes.
Explicar as características da rede de transportes.
Explicar a rede de transportes terrestres.
Explicar a rede de transportes marítimos.
Explicar a rede de transportes aéreos.
Explicar os efectos positivos e negativos do turismo.
Explicar os tipos de turismo e as súas características.
Explicar  os tipos de servizos as empresas e os servizos persoais.