domingo, 11 de agosto de 2019

O reinado dos Reis Católicos.




Fernando, rei de Aragón, e Isabel, raíña de Castela, unen os seus reinos por matrimonio, aínda que isto non foi realizado ata que cada un deles accedeu o trono. Isabel consegue ser reina de Castela tras a morte do seu irmán, Henrique IV, en 1474; pero no caso de Fernando terán que esperar ata morte de Xoan II en 1479, o que lle permite herdar o trono.


Se ben é certo que os monarcas, coñecidos co nome de Reis Católicos, gobernaban conxuntamente os seus territorios, pero cada reino mantiña as súas propias institucións e leis. Esta foi unha unión dinástica, os reinos teñen os mesmos monarcas, pero cada reino mantense independente (posúe as súas propias leis, institucións, formas de gobernos, tribunais de xustiza, mantiveron as súas fronteiras. Etc..). Adoita dicirse que non será ata tempos de Carlos I, o neto dos Reis Católicos, cando se confirme a unión dinástica.


Política Exterior.
  • Iniciaron a conquista do resto dos territorios que conforma a España actual:
  • Conquistaron o Reino Nazarí de Granada, en 1492, que foi incorporado a Coroa de Castela..
  • Conquistaron o Reino de Navarra en 1512, que foi incorporado a Coroa de Castela..
  • Levaron a cabo unha expansión cara territorios fora da Península Ibérica:
    • Iniciaron unha política mediterránea que lle levaron a controlar: o Reino de Nápoles (Sicilia, Sardeña, o Sur de Italia) que foi anexionada a Coroa de Aragón en 1504; e certos puntos costeiros do Norte de África: Buxía (1510), Melilla (1497), Orán (1509), etc.
    • Continuaron a conquista das illas Canarias, que lle permite iniciar a conquista de América. A conquista das illas canarias rematou en 1496.
  • Levaron a cabo unha serie de alianzas diplomáticas, na que usaron os seus fillos e fillas para establecer as alianzas.
    • Catalina casou co rei de Inglaterra, Henrique VIII. 
    • Isabel e María casaron sucesivamente co rei de Portugal. 
    • Xoana casou con Felipe, o Fermoso.
    • Xoán casou con Margarida de Habsburgo, irmá de Felipe, o Fermoso.








Os monarcas consolidaron o poder dentro dos seus reinos.
No caso de Castela, o poder dos reis aumentou moito máis que en Aragón. En ambos reinos, os monarcas posuían enormes capacidade de poder, eran monarcas autoritarios. Os monarcas crearon o titulo de vicerrei para xestionar os asuntos de Aragón, mentres os monarcas non estaban el actuaba como o seu representante, gozaba de moito poder. Instalouse un sistema de sorteo para elixir os cargos municipais.



Desenvolvemento dunha monarquía autoritaria en Castela.
  • Creación da Santa Irmandade, actuaba como corpo armado para perseguir os bandidos e os criminais.
  • Formouse un Exército Profesional e permanente.
  • Creáronse os Consellos, que actuaba como asesores do rei para os asuntos diarios.
  • Creouse a Real Audiencia, que era un alto tribunal de xustiza.
  • Apareceu a Contadoría Real de Facenda, que se dedica a xestionar a recadación de impostos.
  • Apareceron os Correxidores, funcionarios reais que presidían os concellos e exercían función políticas en nome do rei.

Uniformidade Relixiosa.

Os Reis Católicos buscaban unificar o seu reino baixo a relixión cristiá. Isto levou a obrigar a xudeus (1492) e musulmáns (1502) a converterse o cristianismo (chamados conversos) ou ser expulsado dos seus territorios. Para controlar o mantemento da ortodoxia católica e controlar que os conversos, adoptasen o cristianismo ó completo, creouse o Tribunal da Inquisición.

Economía.


En ambos reinos a agricultura goza dunha gran importancia, aínda que a importancia do terreo en Castela sempre a fixo máis produtiva.

En Castela destacou a importancia da gandería ovina. Esta era usaba para a produción de la, que era enviada polos portos do cantábrico a Flandres e Inglaterra. Esta estaba controlada pola Mesta, unha organización de gandeiros que controlaba os pastos, os dereitos de paso, etc.. A Mesta estaba protexida polos Reis Católicos. Grazas os viaxes de Colón e o descubirmento e colonización de América iniciouse unha relación comercial con América, que trouxo moitos produtos comercias e enormes cantidades de ouro e prata.

No caso de Aragón trala Sentencia Arbitral de Guadalupe reguláronse as relación económicas entre os campesiños e os señores feudais, permitindo un renacemento comercial agrícola na Coroa de Aragón. pero Aragón tamén tiña unha importante rede comercial e industria artesanal que se centraba na zona de Cataluña, e que Valencia comezou a explotar a traves do seu porto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario