A Reforma.
Durante o s. XVI comezou un proceso de intentar reformar a Igrexa Católica, que acabou provocando a creación de novas correntes relixiosas que se coñecen como o Protestantismo ou a Reforma. Este proceso foi iniciado por Martín Lutero, dando lugar o Luteranismo; e seguido por Juan Calvino, creando o Calvinismo. O proceso acabou consolidándose coa creación dunha reforma relixiosa en Inglaterra, propiciada por Henrique VIII, dando lugar o Anglicanismo.
Neste apartado o importante é analizar os seguintes conceptos:
- Indulxencias.
- Anglicanismo.
- Luteranismo.
- Calvinismo.
Tes que analizar as características básicas de cada unha das novas relixións e os seus elementos máis significativos.
Reforma Protestante.
As
criticas na Igrexa.
A
igrexa é acusada de aloxarse dos ideais cristiáns debido a:
- Ocupábase demasiado de asuntos políticos.
- Relaxación de costumes no clero.
- Desprestixio do papado.
- Había demasiado compra de bens e dignidades eclesiásticas.
- Abuso na venta de indulxencias e bulas.
- ...
Érasmo de Rotterdam
propón como solución a lectura persoal da biblia e o control das
costumes.
A
Reforma de Lutero.
Martín Lutero, Fraile
agostiño que
propuxo a ruptura coa Igrexa de Roma. No ano 1517 comezou criticando
o sistema de indulxencias da Igrexa, e acabou manifestándoo
manifestando as 95 Teses cravadas
na porta da Catedral de Wittenberg.
Características
da Igrexa Luterana.
- Xustificación pola Fe. A relixión é unha cuestión persoal e basease na relación con Deus. Nela destaca a importancia da Fe en Deus como garante da salvación, supeditando o papel da Igrexa.
- Sacerdocio Universal. Cada persoa pode actuar como o seu propio sacerdocio, xa que mediante a oración todos os crentes poden relacionarse directamente con Deus, motivo no que se fai innecesario a figura dun mediador con Deus. O sacerdocio convertese nunha profesión que serve os membros da comunidade. Elimínanse o celibato do clero, é dicir, a prohibición de casar, xa que esta non foi instituída por Deus, senón pola Igrexa Católica. O sacerdote debe realizar función sociais como a realización da eucaristía, a realización do Bautismo, realización de vodas, etc.
- Invalídanse a importancia dos sacramentos, salvo o Bautismo e a Eucaristía.Estes son os únicos sacramentos considerados importantes.
- Autoridade Suprema da Biblia. Esta convertese na única fonte para o crente, que a debe interpretar el mesmo, dando un alto grao de liberdade sobre os asuntos relixiosos.
- Nega a soberanía do Papa. Lutero nega a supremacía do pontífice sobre o resto da cristiandade; así mesmo nega os criterios propostos pola xerarquía eclesiástica.
- Eliminase a intercesión dos santos e a Virxe. Estas figuras considéranse como persoas relevantes na relixión, pero non teñen ningunha función nin valor para os fíes, simplemente son exemplos de cristiáns ou persoas que viviron segundo a fe.
Protestantismo
en Europa.
Esta
estendese por Alemaña, Suecia, Noruega, Dinamarca, Países Baixos,
Inglaterra, Suíza, etc.
Ademais créanse novas variantes:
Ademais créanse novas variantes:
- Calvinismo.
Iniciado
por Xoán Calvino en Suíza, levando unha postura máis radical que a
Luterana.
- Crenza na Doutrina da Predestinación. O destino da alma despois da morte esta determinado por Deus.
- Deberes do Crente. Levar a cabo unha vida humilde e austera, e pretende gozar da graza divina.
- Difusión. Este tivo como base Suíza, onde crearon un Estado Teocrático. Dende aí estende por Francia (Hugonotes) e por Inglaterra (Puritanos).
- Anglicanismo.
Iniciase en Inglaterra, por motivos políticos.
Henrique VIII ten
un conflito co
Papa –Clemente VII
–por negarlle a anulación matrimonial con Catalina
de Aragón.
- Acta de Supremacía (1534).
- Henrique VIII proclamase como xefe supremo da Igrexa de Inglaterra.
- Separase relixiosamente da Igrexa de Roma.
- A xerarquía eclesiástica de Inglaterra queda sometida a autoridade do rei de Inglaterra.
A contrarreforma.
Os
procesos da Contrarreforma.
A
contrarreforma foi un movemento promovido pola Igrexa de Roma
(Igrexa Católica) e os lideres dos reinos defensores do
cristianismo para loitar e frear a expansión do protestantismo.Surxiu
como un movemento de Reforma no seo da Igrexa como medio de
renovación para:
- Corrixir os defectos cuestionados polos protestantes desde dentro.
- Defender os dogmas de Fe do catolicismo.
- Medidas para solventar.
- Reforma das Ordes Monásticas como as propostas por Santa Teresa de Xesús nas Carmelistas, Franciscanos, etc..
- Creación de Novas Ordes.
- Oratorios, Ursulianas, ... Todos estes pretendes predicar e evanxelizar ós fieis.
- Compañía de Xesús. Iniciada por San Ignacio de Loyola en 1537. Esta organizouse como una organización militar, cunha rexia disciplina e dependencia directa do Papa.
- Reorganizase a Inquisición. Ocupase de perseguir e castigar ós herexes.
- Iniciouse un proceso de Censura de Libros. Para elo creouse unha lista de libros prohibidos, organizada pola Congregación do Índice.
- Celebración do Concilio de Trento (1545-63). Esta foi convocada po Paulo III e o emperador, Carlos V.
O Concilio de Trento.
- Reafirmou os dogmas de Fe para consolidar a Igrexa Católica.
- A salvación da alma será grazas ás boas obras e a Fe.
- Reafirmase a preeminencia dos 7 sacramentos.
- Carácter sacro da Eucaristía.
- Reafirma a importancia do culto a Virxe e os Santos.
- A Vulgata (biblia en latín) considerase como a única interpretación valida da palabra de Deus, que debe ser interpretada por persoas formadas.
- Os fieis deben someterse os preceptos teolóxicos propostos pola Xerarquía Eclesiásticas. Esta goza de una relación especial con Deus, son os seus intermediarios.
- Buscou medidas para a reforma do clero, co obxectivo de ter unha visión máis erudita e formada sobre relixión.
- Formar ós membros da Igrexa en Seminarios.
- Aumentar a disciplina do clero.
- Obrigación de celibato para o clero.
- Obrigación para o clero dunha vida exemplar.
As Guerras de Relixión.
A novas
concepcións relixiosas fixeron evolucionar as concepcións das
costumes e as leis en moitos dos países de Europa. Isto acabou provocando a mestura de posturas relixiosas e políticas, que acabaron provocando posturas contrapostas. Isto acabou marcando un proceso de intolerancia relixiosa en moitos reinos. Os monarcas determinan a
relixión dos seus súbditos, o que acabou provocando persecucións daquelas persoas que non acpetan a relixión oficial; e provocou toda unha serie de guerras de relixión, que tiveron en xaque Europa durante boa parte da Idade Moderna.
Un exemplo disto foi Carlos V (1521-1558) converteuse no defensor do
catolicismo e loitou contra os protestantes. Impuxo o Catolicismo nos
seus dominios, e perseguiu calquera outra forma de relixión. Isto foi especialmente conflitivo nos dominios alemans, onde o luteranismo tivo gran impulso, polo que levou a cabo diferentes políticas.
Nun primeiro momento intentou levar a cabo unha solución pacifica convocando Dietas (Parlamentos en Alemaña), como a Dieta de Spira (1529), na que non se chegou a ningún acordo cos protestantes. Isto levou a guerra na que Carlos consegue sendas vitorias como na batalla de Mühlberg en 1547, pese a cal non puido someter os protestantes. Pese a que Carlos V ía gañando as batallas era incapaz de impoñer o catolicismo os seus habitatnes, iso levoulle a proclamar a Paz de Augsburgo en 1555, onde proclama a liberdade relixiosa nos seus dominios do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Este é so un dos exemplos, pero os problemas entre católicos e protestantes permaneceu durante case dous séculos.
Nun primeiro momento intentou levar a cabo unha solución pacifica convocando Dietas (Parlamentos en Alemaña), como a Dieta de Spira (1529), na que non se chegou a ningún acordo cos protestantes. Isto levou a guerra na que Carlos consegue sendas vitorias como na batalla de Mühlberg en 1547, pese a cal non puido someter os protestantes. Pese a que Carlos V ía gañando as batallas era incapaz de impoñer o catolicismo os seus habitatnes, iso levoulle a proclamar a Paz de Augsburgo en 1555, onde proclama a liberdade relixiosa nos seus dominios do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Este é so un dos exemplos, pero os problemas entre católicos e protestantes permaneceu durante case dous séculos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario