domingo, 11 de agosto de 2019

A aparición do Estado Moderno

A finais da Idade Media moitos dos monarcas feudais aspiran a ter un poder maior que os seus predecesores, por iso optaron por consolidar a súa autoridade e crear o que se coñece como monarquías autoritarias. Nestas novas monarquías autoritarias os monarcas limitaron os poder da nobreza, da igrexa e dos concellos, e intentaron exercer un goberno baseado nun control persoal dos seus dominios. O Estado Moderno afianzouse  de forma especial en España, Francia e Inglaterra.
Os monarcas afianzar o seu poder, levaron a cabo a equiparación do monarca co Estado e levaron a cabo toda unha serie de medidas:
·         Unificar tódolos territorios baixo o dominio do monarca, e para consolidar todo este proceso intentaron realizar un goberno centralizado. Para controlar todo este novo poder, o monarca consolidou todas unha serie de persoas que obedecen as súas ordes: os funcionarios.
·         Aumento da eficacia da administración para consolidar todo ese novo corpo de funcionarios:
o   Estabilizaron a Corte nun só lugar, que se converte na Capital do Estado.
o   Aumento do poder dos funcionarios e o seu número.
·         Para poder realizar isto o monarca necesitaba unha gran cantidade de recursos económicos, e para iso era necesario a creación dun sistema de Facenda que fora máis eficiente. Para iso levouse a cabo toda unha serie de medidas:
o   Establecéronse novos Impostos.
o   Estableceuse un control sobre a recadación de impostos.
o   Aumentouse os ingresos do Estado.
·         Sometemento dos antigos poderes (Igrexa, Nobreza , as Cortes, os municipios, ...) ó Estado. Para iso limitaron a actuación das asembleas representativas (Estados Xerais, Parlamentos, Cortes, Dietas, etc.), que foron convocadas cada vez menos ocasións, e cando son convocadas, estaban controladas pola autoridade rexia.
·         Pero as antigas institución da Idade Media non aceptaron iso de xeito sinxelo, senón que o monarca tivo que facelo pola forma das armas, para iso creáronse Exércitos Reais e de carácter permanente. Desaparecen as milicias feudais e son substituídas por un exército profesional ou de mercenarios. Estes exércitos serías costeados cos novos impostos creados polos monarcas autoritarios.
·         Establecemento dun sistema de Diplomacia Permanente para defender os intereses do Estado e controlar as relacións entre Estados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario