luns, 12 de agosto de 2019

Carlos I de España e V de Alemaña.

Herdanza de Carlos I:

Herdanza de Carlos I

Naceu nos Países Baixos, onde foi educado en costumes flamengas. Fillo de Felipe, o Fermoso, e Xoana de Castela, grazas as alianzas políticas iniciadas polos seus avós conseguiu crear un gran imperio en Europa e ser o monarca máis importante da súa época. As alianzas permitíronlle conseguir o control de enormes territorios:
Herdanza de súa nai: Xoana de Castela. 
  • Herdanza Materna de Isabel de Castela.
    • Coroa de Castela coas súas posesión atlánticas e as colonias americanas. 
    • Reino de Navarra.
    • Reino Nazarí de Granada.
  • Herdanza Paterna de Fernando de Aragón. 
    • Coroa de Aragón.
    • Posesión do Mediterráneo:
      ¨ Córsega.
      ¨ Sardeña.
      ¨ Sicilia.
      ¨ Nápoles.

Herdanza de seu pai: Felipe o Fermoso. 

  • Herdanza materna de María de Borgoña.
    • Ducado de Borgoña.
    • Franco Condado.
    • Países Baixos.
  • Herdanza paterna de Maximiliano de Austria.
    • Posesión austríacas no Sacro Imperio.
    • Posibilidade de recibir o título de Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.


Herda os territorios na Península Ibérica trala morte de Fernando, o Católico, en 1516, e ante a incapacidade de que goberne a súa nai, que se atopa afectada por toda unha serie de males dende a morte do seu esposo. Tamén consegue o control sobre as posesións europeas trala morte do seu avó, Maximiliano en 1519.

Intentou continuar coa política de afianzamento do poder rexio e a consolidación do Estado Moderno que iniciaran os seus avós.
  • Creación dun Estado Moderno.
  • Fortalecemento do poder dun monarca autoritario.
  • Defensa do Cristianismo Católico.
  • Etc.

Carlos I na Península Ibérica.

A comezos do seu reinado tivo a oposición de parte da poboación debido a que non falaba o castelán, nin ningunha das outras linguas propias da península. Ademais Carlos mostrouse moito máis interesado en acrecentar os seus territorios en Europa, que en gobernar os reinos da Península Ibérica. Este ultimo veuse claro cando seu avó paterno morreu, e foi a Alemaña a reclamar o título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e deixou o goberno en mans de conselleiros flamengos, que chegaron con el a Castela. Entre estes conselleiros o máis salientable era Adrián de Utrech, que ocupou o cargo de rexente na ausencia do monarca.

Todo isto foi visto con malos modos nas autoridades tradicionais do reino e na poboación xeral, que tivo como consecuencias do seu goberno o estouprido de dúas rebelións.

Rebelión dos Comuneiros en Castela (1520-21).

Tamén coñecidada como a Revolta das Comunidades foi a forma na que os habitantes de Castela demostraron o seu malestar as políticas realizadas por Adrián de Utrech, como representante do monarca. Os rebeldes esixiron que os impostos pagados por Castela debían ser usados para atender as necesidade do reino, e non nas políticas europeas. Ó mesmo tempo solicitaron que o monarca incluira dentro dos seus conselleiros a un maior numero de casteláns, e que o rei establecera a súa residencia en Castela. Pese que as revoltas tiveron un exito inicial en moitas das cidades, a falta de apoio da nobreza e do clero, fixo que esta fracasara. As tropas de Carlos I derrotaron ós comuneiros en 1521.

Rebelión das Xermanías na Coroa de Aragón(1519-23)

No caso das Xermanias afectou especialmente a Valencia e Mallorca, aproveitando a ausencia do monarca e o estoupido dun brote de peste. A situación acabaou levando a revoltas populares contra a nobreza e a reinvindicación de melloras para os pecheiros. 
As revoltas foron sometidas pola forza do exército. Tras a resolución deste conflito o reinado de Carlos I mantivo o reino pacificado na Península Ibérica. Nunca estivo demasiado tempo na Península Ibérica, pero mantivo como rexentes a persoas afíns, e que gozaron do apoio da poboación, como a súa esposa: Isabel de Portugal ou o seu fillo Felipe II.

A política exterior de Carlos I.

A política de Carlos I, especialmente a política exterior, estivo marcado por manter a unidade do seu imperio, pero tamén por defender os intereses dinásticos dos Austrias por manter a hexemonía en Europa. Pero uns dos maiores problemas do monarca foi manter viva a idea dunha monarquía universal e a defensa do cristianismo católico. Isto levou a toda unha serie de enfrontamentos ó longo do seu reinado, que lle levou a loitar con: os turcos, como defensores do cristianismo fronte o islam; a loita contra e expansión do protestantismo, especialmente con Lutero e Calvino; e os enfrontamentos contra Francia, como principal rival europeo. 

Loita contra Francia.

A idea do Imperio Universal levou a un enfrontamento con Francia, o única potencia continental que lle podía facer fronte. Durante o reinado de Carlos os enfrontamentos entre ambas potencias foron constantes, especialmente no Norte de Italia (o Milanesado), Flandres e Borgoña.

Carlos I intentou neutralizar a Francia, e arredala de forma definitiva de Italia e do ducado de Borgoña. Os diferentes enfrontamentos foron favorables para as tropas de Carlos I, que mantiña unha superioridade militar, gracias ós Terzos. Isto permitiulle derrotar as tropas francesas na Batalla de Pavía (1525), onde fixo prisioneiro a Francisco I, rei de Francia. Pero isto non solucionou os problemas, xa que o monarca francés conseguiu o apoio de Clemente VII, o pontífice romano, provocando problemas para a unidade imperial. Para castigar ó Papa, Carlos I provocou o Saqueo de Roma en 1527 polas tropas imperiais. Ante isto Carlos I intentou negociar cos seus rivais, e firmou a Paz de Cambrai en 1529. Pero, a pesar disto, o enfrontamento con Francia mantívose durante o resto do seu reinado, ata que Felipe II derrotou as tropas francesas na Batalla de San Quintín en 1557, e obrigou a Francia a firmar o Tratado de Canteu-Cambrésis en 1559.

Loita contra o Imperio Otomán.


Dende o século XV o Imperio Otomán foron expandíndose por Europa Oriental, especialmente pola Península dos Balcáns, e ameazando os dominios austríacos dos Habsburgo. Para defender os dominios o emperador tivo que defender Viena. Pero o mesmo tempo convertéronse nun perigo para o comercio do Mediterráneo Occidental, xa que o Imperio Otomán apoiou economicamente os piratas berberiscos. Estes atacaban os barcos cristiáns e realizaban razzias sobre os portos e as costas cristiáns. Para solucionar isto realizou toda unha serie de operacións, como a conquista de Tunisia en 1535, pero que non solucionou o problema. Estas operación supuxeron un enorme custo en tropas e fondos. O enfrontamento durou o resto do reinado de Carlos I, e rematara en tempos de Felipe II.

A loita contra o protestantismo.

Pero sen lugar a dubidas o peor problema o que se enfrontou Carlos I foi a loita contra a herexías relixiosas protestantes, que apareceron durante o seu reinado. No caso máis destacable podemos ver a figura de Martín Lutero, que se considerou o principal lider da Reforma Protestante. Este alemán predicou especialmente no Sacro Imperio, polo que Carlos veuno como un elemento de debilidade do seu poder. O perigo agravouse cando toda unha serie de príncipes alemáns aceptaron as doutrinas de Lutero, e o protexeron. Isto fixo que o protestantismo fora expandíndose por Alemaña e Flandres.

A loita contra os protestantes converteuse nunha obsesión persoal de Carlos I, e levoulle a perseguir ós protestantes polos seus dominios. Os príncipes protestantes alemáns formaron unha alianza coñecida co nome de Liga de Esmalcada (1531), que foi derrotada na Batalla de Mühlberg (1547). Pero a vitoria no campo de batalla, non supuxo a derrota dos protestantes, que seguiron socavando o poder do Emperador. Isto obrigou ó emperador a firmar a Paz de Augsburgo (1555), no que concedía a liberdade relixiosa ós príncipes alemáns, e supuxo a derrota definitiva ó seu ideal de unidade relixiosa no continente.

O final do reinado de Carlos I.

O fracaso ante os protestantes provocou a inestabilidade do monarca, que canso de tanto conflito, decidiu renunciar ó poder no ano 1556. Dividiu o seu imperio entre o seu irma Fernando, a quen lle cedeu o trono imperial e os dominios alemáns; e o seu fillo Felipe, a quen lle traspasou os dominios da Monarquía Hispánica, Borgoña, Flandres e o Franco Condado. Tralo cal, Carlos I retirouse ó mosteiro de Yuste (Estremadura), onde pasou os seus derradeiros anos de vida.
Os problemas de todas estas guerras supuxeron un enorme gqasto para a Facenda Real, o que levou a Carlos e os seus sucesores a incrementar os impostos, sobre todo en Castela. Pero pese a que os ingresos aumentaban, e as riquezas procedentes das colonias chegaban en grandes cantidades: os gastos eran moi superiores. Iso acabou obrigando a Carlos I a recorrer o endebedamento fronte banqueiros alemáns, flamengos e italianos. Iso acabou provocando que poucos anos despois da súa morte Felipe II, o seu fillo, declarouse en bancarrota e suspendeu o pago das débedas pola incapacidade de poder facerlles fronte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario