Blog pensado para solucionar e facilitar o aprendizaxe da Xeografia e a Historia da Idade Moderna.
mércores, 21 de agosto de 2019
A Guerra dos Trinta Anos e a perda da Hexemonia Española.
A Guerra dos Trinta Anos (1618-48) marcou o punto álxido da crise da monarquía dos Austrias, e marcou un período de decadencia do Imperio Español. Esta comezou en tempos de Felipe III, pero realmente o gran peso da guerra foi durante o reinado de Felipe IV, na que o Conde-Duque de Olivares, intentou recuperar pola forza das armas o prestixio do Imperio dos Austrias Maiores.
O conflito cobrou forza para España, aliada do Sacro Imperio Romano, comezou a intentar ocupar as as Provincias Unidas tras 1621. Pero isto acabou levando a un enfrontamento no que o bando dos Austrias (a Monarquía Hispánica e o Sacro Imperio) comezan a enfrontarse con as Provincias Unidas, os Principados Alemáns Protestantes e Suecia.
O conflito foi incrementándose progresivamente ó longo dos anos. O principio as vitorias das potencias "católicas" fixeron que a guerra se decantará ó seu favor, pero o medo de Francia a que a Monarquía Hispánica alcanzase a hexemonía en Europa fíxolle entrar na guerra no bando protestante a partires de 1635. Este feito fixo que a Monarquía Española entrara en dificultades, xa que se pechou o "Camiño Español"*, que levaba subministración e homes cara Flandres para loitar contra os Holandeses e os Príncipes Alemáns, e provocou a apertura dunha nova fronte nos Perineos. Isto fixo que o bando dos Habsburgo fora acumulando unha serie de derrotas, as cales determinaron a derrota na Guerra dos Trinta Anos e a creación da Paz de Westfalia.
A Paz de Westfalia.
A Paz de Westalia naceu como a necesidade da Monarquía Española e do Sacro Imperio de poñer fin a Guerra dos Trinta Anos, da que todos os seus participantes estaban esgotados despois de tantos anos de conflito. Esta asinouse a través de dous grandes tratados, pero no que o máis importante foi o Tratado de Westfalia asinado en 1648. Nela España a Austria recoñecían de facto a independencia das Provincias Unidas, e establecían unha paz cos Principados Alemáns.
Pero no caso da paz con Francia teriamos que esperar un par de anos máis ata que se asine o Tratado dos Perineos en 1659. Neste España concedía diversos territorios a Francia en Europa.
Todo isto supuxo o final do dominio dos Habsburgo en Europa e o recoñecemento dunha nova potencia continental, Francia, que acabou sendo durante o século seguinte a directora da política europea. España perdeu poder en Europa, pero seguiu mantendo o seu imperio colonial en América.
*Camiño Español.
Este coñecese como a ruta que seguían os terzos españois cara Flandres, para loitar contra os Holandeses e combater os principados alemáns rebeldes. Este tamén era o sistema de enviar armas, municións e todo o necesario para a guerra por terra. A ruta marítima era máis sinxela, pero estaba supeditada por que era máis longa, máis perigosa polos ataques dos piratas (ingleses, holandeses e franceses) e polo ataque da flota francesa. Ademais moitas veces as tempestades e temporais dificultaban a travesía.
Esta ruta partía de Italia, dende o porto de Xénova, aliado tradicional da Monarquía Hispánica, atravesaba o ducado de Milán (parte do Imperio Español), pasaba por Savoia (inimigo de Francia, e polo tanto aliado da Monarquía Hispánica); chegaba o Franco Condado (parte do Imperio Español); logo continuaba polos principados alemáns católicos (aliados dos Habsburgo); e logo chegaba a Flandres Español. Dende aquí as tropas e a subministración se dirixía a onde facía falta.
sábado, 17 de agosto de 2019
Carlos II, o derradeiro dos Austrias.
Carlos II (1665-1700).
Carlos II ascendeu o trono sendo un neno, e o goberno quedou baixo a rexencia da súa nai, Mariana de Austria. Ademais, o monarca estaba incapacitado para o goberno tras unha serie de problemas: enfermizo e de mentalidade débil. Isto acabou levando a que o seu goberno estivera baixo o control dunha serie de rexentes, validos ou ministros. Durante o reinado de Carlos II o poder do estado foise diluíndo, e privatizáronse moitas das funcións, que foi aproveitado pola aristocracia e a Igrexa para aumentar o seu poder e riqueza.
No caso da política exterior o aspecto máis salientable foi o problema sucesorio, xa que Carlos II non tivo fillos. Isto levou a que se organizará unha serie de acordos internacionais para poder escoller o sucesor o trono español. Todo viu como consecuencia de que Carlos era incapaz de ter un herdeiro lexitimo. Isto era coñecido polas potencias europeas, que comezaron a facer unha serie de intentos para desmembrar o imperio español. Pero o propio Carlos consciente dende 1697, da proximidade da súa morte, intentou buscar un herdeiro lexitimo no estranxeiro, para intentar manter intacta a Monarquía Hispánica.
Felipe V |
Entre os candidatos máis próximos, e con lazos familiares tiñamos a:
- Felipe de Borbón, duque de Anjou, candidato francés, que era o neto da filla máis vella de Felipe IV.
- Carlos de Austria ou Habsburgo, candidato austríaco, e que era neto da filla máis nova de Felipe III.
Carlos de Habsburgo |
Pero as fortes presións das potencias, fixo que Carlos II elixira como herdeiro a Felipe de Borbón, futuro Felipe V. A súa decisión estaba pensada para conseguir o apoio de Francia, que era considerada como a principal potencia europea do momento, e evitar o desmembramento das posesións da Coroa Española. O 1 de novembro de 1700 morría Carlos II, o derradeiro monarca español da casa dos Habsburgo; e comezaba unha nova dinastía a dos Borbóns. Pero Carlos de Habsurgo non aceptou a decisión, e levou a Guerra de Suceión entre (1700-1713), na que saíu vitorioso Felipe V.
Felipe IV e o Conde-Duque de Olivares.
Felipe IV (1621-1665).
Felipe IV ascendeu o trono en 1621 con só 17 anos. Por iso, dende o seu primeiro momento estivo baixo a tutela do seu preceptor Gaspar Guzmán, o Conde-Duque de Olivares, que asumiu o papel de valido. El organizou toda unha serie de proxectos de reforma para mellorar a situación da monarquía hispánica, tanto a nivel interno como en política exterior.
As reformas do Conde-Duque.
As reformas de Olivares tiñan como obxectivo poder afianzar da monarquía hispánica en Europa, pero para iso intentou desenvolver unha reforma financeira e militar. Para iso tiña que achegarse importantes sumas de diñeiro para a Facenda Real, que estaba en constante crise crónica. Iso levou a unha completa reforma financeira.Por iso Olivares intentou a creación da Unión de Armas. Consistía na creación de un exercito regular, formado por 140.000 homes, ó servizo do monarca que este baixo o control directo; e que fora costeado por todos os reinos da coroa hispánica en función da súa poboación e da súa riqueza.
Para poder costear este novo exército era necesario un plan máis amplo, que se coñece co nome do Gran Memorial. Neste o que pretendía Olivares era unificar politicamente o imperio, suprimindo as diferenzas forais e repartindo por igual as cargas e os beneficios entre todos os territorios da coroa. O plan pretendía reforzar o poder real e facer un goberno máis racional e lóxico. Pero a súa aplicación non foi posible, debido as dificultades económicas, a oposición dos distintos reinos a perder as súas leis e institucións (celosos de defendes as súas prerrogativas forais) e as constantes guerras.
A pesar de todas as reformas e os intentos por facer un goberno máis estable, sucedéronse toda unha serie de bancarrotas en 1627, 1647, 1652 e 1662.
Isto acabou levando a inestabilidade do reino e a unha serie de revoltas. Entre as revoltas máis importantes temos a Revolta en Cataluña e o proceso de independencia de Portugal, ambas estouparon en 1640
Isto acabou levando a inestabilidade do reino e a unha serie de revoltas. Entre as revoltas máis importantes temos a Revolta en Cataluña e o proceso de independencia de Portugal, ambas estouparon en 1640
Revolta en Cataluña.
Os intentos de Olivares de conseguir a aprobación nas Cortes do proxecto de Unión de Armas fracasaron estrepitosamente; e os intentos de reforma fiscal na Coroa de Aragón, que non conseguían novos ingresos. A revolta estoupou en xuño de 1640. O conflito acabou prolongándose durante moito tempo, ata que as tropas imperiais conseguiran ocupar Barcelona en 1652 e a aceptación da soberanía de Felipe IV.A revolta en Portugal.
En Portugal a forte oposición ás medidas propostas polos Conde-Duque de Olivares e as críticas a escasa defensa das colonias do Imperio Portugués, que eran atacadas de forma constante polos holandeses e ingleses, provocou unha revolta. A sublevación foi apoiada dende os seus inicios polos ingleses, que pretendían aumentar a inestabilidade do Imperio Español. As derrotas españolas nas batallas provocaron a perda de control de Portugal, e a súa independencia.Ante a imposibilidade de costear a guerra, e a incapacidade do monarca, Carlos II de manifestar un poder forte, levou a decisión de aceptar a independencia de Portugal no Tratado de Lisboa (1668).
Felipe III e o duque de Lerma: unha mestura explosiva.
Felipe III (1598-1621) |
Crise Financeira.
A crise veu como consecuencia das crises económicas herdadas das políticas exteriores do seu pai. Para intentar remedialas intentou levar a cabo unha política exterior baseada na elaboración de diferentes tratados de paz; e unha serie de reformas económicas. Pero estas medidas víronse como insuficientes, e non foron quen de acabar coa débeda, en gran parte como consecuencia dos excesivos gastos da Corte. Esta situación acabou obrigando a declarar unha nova bancarrota en 1607.Expulsión dos Mouriscos.
Os acontecementos provocados pola Revolta das Alpujarras en 1568, durante o reinado de Felipe II, provocou a dispersión dos Mouriscos, pero tivo como consecuencia unha acentuación da intolerancia cultural. Iso levou a que en 1609 decretouse a expulsión total dos mouriscos de todos os dominios do Imperio Español, afectando aproximadamente a 300.000 persoas. En realidade, esta expulsión debíase máis os intereses políticos do Duque de Lerma, como unha manobra política para desviar ó interese polas crises políticas internas e externas do Imperio Español.
Pero en realidade a expulsión dos mouriscos trouxo unhas importantes consecuencias importantes para crear máis tensión social:
- Despoboamento de importantes rexións, que perderon poboación e provocaron unha desestabilidade demográfica na rexión.
- Caída da economía nos antigos reinos da Coroa de Aragón. Pese a que existían importantes continxentes de poboación na Coroa de Castelá, a maioría da poboación mourisca concentrábase nos territorios da coroa aragonesa. Moitos deles dedicábanse importantes actividades como o cultivo de importantes e ricas zonas de regadío, e a industria das teas de seda e algodón. A saída de toda esta poboación levou a unha caída na produción de alimentos e da produción téxtil: ocasionando unha crise económica na rexión.
- Isto tamén tivo como consecuencia a caída das rendas señoriais, como consecuencia da crise económica. Pero iso tivo como consecuencia un aumento do cargas señoriais sobre os campesiños que quedaban. Os señores feudais negábanse a ver reducidos ós seus ingresos, e como consecuencia empeorou a situación da poboación.
Política Internacional.
Felipe III baseou a súa política exterior nunha continuación das últimas políticas do seu pai, xa que a monarquía hispánica estaba esgotada despois de tantos conflitos e enfrontamentos. Vemos como Felipe II, xa canso e consciente das súas limitacións firmou a Paz de Vervíns en 1598, na que se establece a paz con Francia.Felipe III buscou asentar esa paz, cunha nova política que se baseou en varias cousas:
- Felipe III estableceu unha excelente rede diplomática que despregou España, e que lle levaron a falar da Pax Hispánica, ó referirse a este reinado.
- Estableceuse unha alianza de paz con Inglaterra mediante o Tratado de Londres (1604). Ambas potencias estabas desangradas por unha guerra de máis de 20 anos, na que poucas vitorias ou beneficios se conseguían.
- Tregua nos Países Baixos (Flandres) tras a Paz de Amberes (1609), que levou a Tregua dos Doce Anos.
- Mantemento dunhas relacións cordiais con Francia mediante unha política matrimonial entre ambas casas reais.
Os intentos de Felipe III por manter unha situación pacifica en Europa acabaron fracasando, como consecuencia do estoupido da Guerra dos Trinta Anos (1618-48) que tivo como consecuencias principais: as rivalidades relixiosas en Alemaña, a Casa dos Austrias quere restaurar a autoridade imperial e os Borbóns queren acabar coa hexemonía europea dos Austrias. O conflito estoupou en Flandres, e pouco a pouco vaise estendendo por toda Europa, e continou durante o reinado de Felipe IV.
A diferenza entre os Austria Maiores e os Austrias Menores.
Aqui o que vemos é unha árbore xenealoxica da Dinastía dos Austria ou dos Habsburgo, que foi a dinastía que reinou en España dende 1517 ata o 1700. Dentro destes podemos dividir a dinastía en dous períodos, que se coñece como: os Austrias Maiores, representados por Felipe I ou Felipe o Fermoso (hai que metelo, aínda que eu casi o deixaba fora), Carlos I e Felipe II; mentres que os Austrias Menores serían Felipe III, Felipe IV e Carlos II.
¿Cal é a diferenza real entre ambos?
Pois considerase que o período de máximo esplendor e no que España considerase como a principal pontencia da súa época foi a época dos Austria Maiores, e na que Carlos I e Felipe II teñen un gran imperio, e manteñen o control directo dos seus dominios.
Mentres que no caso de Felipe III e os seus sucesores considerase unha etapa de crise e declive do Imperio Español ou Monarquía Hispánica. No caso destes monarcas vai a arredarse do goberno directo dos seus reinos, e van deixar o goberno en máns de Validos*, como por exemplo o Duque de Lerma, o Conde-Duque de Olilvares.
O fin da hexemonia española marcouse pola crise política do imperio, que non era capaz de controlar o enorme imperio, nin facer fronte os seus inimigos.
Isto marcou a necesidade de levar a unha paz, que foi liderada polo Duque de Lerma. Esta paz pretendía unha política pacifista no exterior do imperio, para asegurar unha serie de reformas na Facendo e no exército, para logo poder volver con forza ós conflitos. Isto levou a selar unha paz con Inglaterra en 1604, no Tratado de Londres, e na creación da Tregua dos Doce Anos cos Provincias Unidas que comezou en 1609.
Pero isto so acabou sendo un parche, que estoupou coa chegada o trono de Felipe IV e o seu valido, o Conde-Duque de Olivares, que levou a participación activa na Guerra dos Trinta Anos (1618-48).
O fin da hexemonia española marcouse pola crise política do imperio, que non era capaz de controlar o enorme imperio, nin facer fronte os seus inimigos.
Isto marcou a necesidade de levar a unha paz, que foi liderada polo Duque de Lerma. Esta paz pretendía unha política pacifista no exterior do imperio, para asegurar unha serie de reformas na Facendo e no exército, para logo poder volver con forza ós conflitos. Isto levou a selar unha paz con Inglaterra en 1604, no Tratado de Londres, e na creación da Tregua dos Doce Anos cos Provincias Unidas que comezou en 1609.
Pero isto so acabou sendo un parche, que estoupou coa chegada o trono de Felipe IV e o seu valido, o Conde-Duque de Olivares, que levou a participación activa na Guerra dos Trinta Anos (1618-48).
*Valido.Nome que recibía na monarquía española a persoa que
gozaba da confianza do monarca, e que se encargaba das tarefas de
goberno en representación del. Non era unha institución ou cargo
oficial, e non debemos confundilo co primeiro ministro; pero, en
realidade, era unha persoa de confianza escollida polo rei para dirixir a
política. Entre as figuras máis salientables atopamos a: o Duque de
Lerma, O conde-Duque de Olivares ou a Godoy.
Felipe II e o fin do seu reinado
Final de su reinado.
Todos os problemas exteriores acabaron provocando unha nova bancarrota en 1596, levando a Felipe II a pensar na necesidade de firmar a Paz. A debilidade da monarquía española era patente, cun rey enfermo e avellado. A iso temos que sumar a presenza dun herdeiro o trono incapaz, o futuro Felipe III, do que seu pai sabía das súas deficiencias para o goberno. Como consecuencia de todo isto levouse a Paz de Vervins en 1598, no que firma un tratado de paz con Francia. Tamén desliga a los Países Baixos do seu control colocando como herdeiros a Isabel Clara Eugenia (filla de Felipe II) e o eu esposo o Arquiduque Alberto.
No ámbito nacional acrecentou unha enorme crise económica en Castela, que se complicou co aumento dos impostos. Todo isto provocou unha enorme recesión económica que duraría parte do s. XVII.
Os problemas para a monarquía hispánica foron complicándose polos ataques que seguiron realizando os ingleses, e agora os holandeses, contra o comercio coas colonias, e poñendo en perigo o monopolio en ultramar.
Felipe II e a súa política exterior.
Política Exterior.
Felipe II tivo moitos conflitos debido os seus intentos de defensa da cristiandade e a necesidade de manter ou acrecentar o seu imperio. Iso levou a 4 grandes frontes onde tivo que manter todos os seus recursos e interese, pero ben é certo que non foron os únicos.
Francia.
O conflito con Francia veu como consecuencia das políticas exercidas polo seu pai, pero el tivo a sorte de sortealas tras a vitoria sobre os Franceses na Batalla de San Quintín en 1557. A humillante derrota das tropas francesas fronte ós terzo levou a firma da Paz de Cateu-Cambrésis en 1559. Esta paz acabou levando a un período de relativa tranquilidade, so mediatizada polas intervención de Felipe II contra os hugonotes, e foi consolidade co matrimonio de Felipe II con Isabel de Valois.Imperio Otomán.
Este tamén é un problema herdado dos seus antecesores, xa que é a loita do cristianismo contra o Islam que pretende estenderse por Europa. Ben é certo, que este problema tivo que solucionarse por fases, e estivo relacionado con todos os problemas que tiña Felipe II en toda Europa.O comezo foi o inicio dunha serie de operacións no Mediterráneo, aínda que os seus resultados non foron os esperados ó comezo. A operación hispano-italiana levada a cabo en Djerba, na batalla de los Gelbes, foi un desastre, debido a que os turcos derrotaron ás forzas cristiás. Iso tivo como consecuencia el aumento de presión otomá por todo o Mediterráneo Occidental, especialmente a través do ataque de piratas berberiscos. Para solucionar isto levou a creación da Liga Santa, formada por tropas da monarquía hispánica, tropas venecianas e o apoio militar dos Estados Pontificios. Isto acabou levando a concentración de forza na Batalla de Lepanto (1571), onde saíron vitoriosas as tropas cristiáns. A gran flota estaba dirixida por Don Juan de Austria, que habilmente dirixiu as operación bélicas.
As consecuencias desta batalla foron importantes para la Corona Española, xa que o Mediterráneo Occidental quedaba a salvo das interferencias musulmáns, e Felipe II podía ocuparse das outras frontes abertas. En realidade o que pasou foi que o enfrontamento quedo en táboas: xa que a vitoria militar na batalla de Lepanto so foi anecdótica. Realmente os Otománs estaban ocupados por un ataque realizado dende Persia, que levoulle á necesidade de mover tropas cara oriente para defenderse. E no caso de Felipe II tiña que mobilizar tropas cara Flandres e os sucesivos conflitos con Francia e Inglaterra.
Países Baixos.
Os problemas para Felipe II veñen como consecuencia de intentar frear a expansión dos protestantes nos Países Baixos, mediante o intento de reprimir o ascenso do Calvinismo. Iso lévalle a realizar unha política de intransixencia relixiosa. A resposta de moitos holandeses ante isto foi promover a independencia, cousa que Felipe II non vai aceptar. Isto levou ó estoupido de toda unha serie de conflito nos Países Baixos. O primeiro foi a toma de Brielle polos “Os mendigos do Mar”, que foi respondido co envío de tropas dirixidas polo Duque de Alba, que consegue controlar a situación nos Países Baixos por un tempo.
Pero a situación foi insostible despois da Bancarrota de 1575, provocada polas guerras en Francia, os enfrontamentos cos otománs e as tropas acantonadas en Flandres. Isto ocasionou a crise de todo o proceso, xa que a Corona Española mostrouse incapaz de subministrar recursos a súas tropas acantonadas nos Países Baixos, e foi incapaz de pagar as súas soldadas. Isto complicouse aínda máis tras a morte de Requesens, unha das poucas autoridades da Corona Española que era capaz de controlar a las tropas pese a las penurias.
Ante a incapacidade de cobrar as súas soldadas, as tropas españolas subleváronse e saquearon Amberes. Este feito acabou con calquera posibilidade de reconciliación entre os dous bandos: os que apoiaban á monarquía de Felipe II e os rebeldes holandeses.
Felipe II intentou solucionar a situación enviando a Don Juan de Austria, intentando levar unha política pacificadora: na que se prometía o respecto ós foros tradicionais e os privilexios dos Países Baixos. Pero calquera intento de mediación foi inútil e reactiváronse as hostilidades. En 1579 as Provincias do Norte declaran a súa independencia, e chámanse: as Provincias Unidas. A partires de este momento Flandres queda dividida en dúas zonas: a zona católica, que segue baixo o control da monarquía hispánica, e correspondese parcialmente con Bélxica; e a zona protestante que se mantén independente, e correspondese con Holanda na súa maior parte.
Pero a situación foi insostible despois da Bancarrota de 1575, provocada polas guerras en Francia, os enfrontamentos cos otománs e as tropas acantonadas en Flandres. Isto ocasionou a crise de todo o proceso, xa que a Corona Española mostrouse incapaz de subministrar recursos a súas tropas acantonadas nos Países Baixos, e foi incapaz de pagar as súas soldadas. Isto complicouse aínda máis tras a morte de Requesens, unha das poucas autoridades da Corona Española que era capaz de controlar a las tropas pese a las penurias.
Ante a incapacidade de cobrar as súas soldadas, as tropas españolas subleváronse e saquearon Amberes. Este feito acabou con calquera posibilidade de reconciliación entre os dous bandos: os que apoiaban á monarquía de Felipe II e os rebeldes holandeses.
Felipe II intentou solucionar a situación enviando a Don Juan de Austria, intentando levar unha política pacificadora: na que se prometía o respecto ós foros tradicionais e os privilexios dos Países Baixos. Pero calquera intento de mediación foi inútil e reactiváronse as hostilidades. En 1579 as Provincias do Norte declaran a súa independencia, e chámanse: as Provincias Unidas. A partires de este momento Flandres queda dividida en dúas zonas: a zona católica, que segue baixo o control da monarquía hispánica, e correspondese parcialmente con Bélxica; e a zona protestante que se mantén independente, e correspondese con Holanda na súa maior parte.
Inglaterra.
Os problemas con Inglaterra son herdanza do interese de Felipe II de ser monarca de Inglaterra tras a morte da súa esposa, María Tudor, e a imposibilidade de quedarse co reino. O desprezo de Isabel I, ó negarse a un matrimonio con Felipe II, non facilitou as cousas. Isabel I decidiu fortaleceu a súa posición fomentando unha política anglicana. Aínda que non estaban en guerra directa houbo unha clara hostilidade por parte dos ingleses contra os intereses da monarquía hispánica. Isto levoulle a Isabel I a aliarse con calvinistas holandeses e favorecer a piratería contra os intereses españois e portugueses. Isto foi grazas a intervención de piratas e corsarios como, por exemplo, Sir Francis Drake. Estes ataques dificultaron o comercio con América e supuxeron enormes gastos para a defensa da monarquía hispánica.
Isto determinou a idea de Felipe II de invadir Inglaterra formando a Gran Armada ou Armada Invencible en 1588, para castigar o apoio de Isabel ós rebeldes dos Países Baixos e os ataques contra as colonias. O plan de Felipe II eran: formar unha gran armada formada por buques españois e portugueses, que sumaban máis de 130 buques; ir a Flandres onde recollería os terzos, máis de 30.000, que realizarían o ataque por terra; e despois conquistar Inglaterra para a monarquía Hispánica.
Pero isto acabou nun fracaso estrepitosos como consecuencia dunha serie de treboadas que afectaron a flota, os ataques dos barcos ingleses, o bloqueo dos portos flamengos polos holandeses e a mala organización dos altos mandos hispanos. Iso fixo imposible a invasión, e na viaxe de volta a España, as tempestades esnaquizaron decenas de barcos e morreron miles de soldados.
Isto supuxo a perda de importantes recursos, especialmente dunha flota de guerra, e un golpe psicolóxico contra Castela.
Isto determinou a idea de Felipe II de invadir Inglaterra formando a Gran Armada ou Armada Invencible en 1588, para castigar o apoio de Isabel ós rebeldes dos Países Baixos e os ataques contra as colonias. O plan de Felipe II eran: formar unha gran armada formada por buques españois e portugueses, que sumaban máis de 130 buques; ir a Flandres onde recollería os terzos, máis de 30.000, que realizarían o ataque por terra; e despois conquistar Inglaterra para a monarquía Hispánica.
Pero isto acabou nun fracaso estrepitosos como consecuencia dunha serie de treboadas que afectaron a flota, os ataques dos barcos ingleses, o bloqueo dos portos flamengos polos holandeses e a mala organización dos altos mandos hispanos. Iso fixo imposible a invasión, e na viaxe de volta a España, as tempestades esnaquizaron decenas de barcos e morreron miles de soldados.
Isto supuxo a perda de importantes recursos, especialmente dunha flota de guerra, e un golpe psicolóxico contra Castela.
Felipe II. Características do seu reinado.
Características do seu reinado.
- Concepto patrimonial dos seus reinos. Tanto Felipe II como o seu pais tiñan o concepto do reino como un patrimonio persoal, e facía e desfacía todo segundo o seu criterio persoal. Intentou a creación dun imperio universal, pero esa idea entrou en contradición coa idea de que non consideraba o seu imperio como un todo, senón a suma de diferentes partes, que estaban nas súas mans. Isto provocou que nunca chegou a formar un imperio coordinado e que seguira unha política común.
- Defensa do Catolicismo. Parte da idea de Felipe II foi continuar o ideal do seu pai da creación dun Imperio baseado no cristianismo católico, motivo polo cal tivo dous elementos clave para manter esa idea.
- A loita fronte ós protestantes, que se marcou principalmente na loita contra os protestantes holandeses e os seus aliados. Isto levoulle a un enfrontamento constante contra as Provincias Unidas, a actual Holanda, que foi constante ó longo de todo o seu reinado. Mentres que a loita contra os protestantes holandeses provocou a loita contra os ingleses, que eran os seus grandes aliados.
- Defensor e promotor da Contrarreforma. Isto acabou provocando a participación nas políticas de defensa do cristianismo e o impulso a unha reforma da igrexa, na que aumentou o peso da Inquisición e da igrexa nos asuntos políticos.
- Monarquía autoritaria.
- Declarou Madrid como capital do Reino.
- Afianza a preeminencia de Castela dentro dos seus reinos. A preponderancia de Castela, manifestase na existencia de toda unha serie de persoas, que obteñen cargos e privilexios: na maioría dos casos pertencen a Coroa de Castela.
- Forma de goberno combina un control directo dos asuntos de goberno e o asesoramento por parte dos Consellos.
- Creación do Consello de Estado. O Consello de Estado tiña como función básica a xestión das rivalidades entre as diferentes faccións do goberno do reino. O rei usaba o Consello de Estado para darlle voz a ambas partes y conseguir controlalas ó mesmo tempo.
- Arredou a la alta nobreza dos cargos de goberno. Os grandes de España ocupaban postos de relevancia, pero como Vicerreis, embaixadores, mandos del exército, etc.
Problemas Interiores.
O reinado de Felipe II tivo toda unha serie de características que son consecuencia das políticas exteriores, pero ademais tivo unha serie de problemas internos.
Defensa do Catolicismo. Política da limpeza de sangue foi unha obsesión dentro do reinado de Felipe II, na que as persoas debían demostrar o seu catolicismo, e sobre todo a súa tradición de cristianismo católico. O concepto de limpeza de sangue implicaba que para certos postos reivindicábase un documento que acreditará o catolicismo desta persoa e dos seus antepasados.
Sufocar a rebelión das Alpujarras en 1567. A Rebelión das Alpujarras en Granada veu como consecuencia dunha partida de foraxidos, pero que acabou desembocando nunha rebelión. O problema veu de que as tropas enviadas pola monarquía para sufocar ós ataques reprimiu as poboación locais, moitos deles eran poboación de orixe mourisco*. As poboacións foron acusadas de ser falsos conversos, e seguir mantendo a practica dos ritos musulmáns en segredo. Isto acabou provocando unha reacción violenta por parte da poboación, que intentou facerse co control de Granada. A reacción das autoridades reais foi o aumento de represión, para controlar a rebelión. Isto levou á creación de un decreto no que se prohibía o uso do árabe e das vestimentas tradicionais dos mouriscos: obrigándolles a falar castelán e abandonar os seus costumes tradicionais. Cando se derrotou a rebelión, de forma definitiva en 1570, mandouse a dispersión dos mouriscos por todos los territorios dos reinos de Castela.
A revolta de Aragón.
No caso de Aragón había problemas agrarios, xa que a maior parte das terras de regadío estaban en mans dos señores feudais, e eran traballadas por mouriscos. Isto provocou toda una serie de enfrontamentos, que acabaron tendo un compoñente de discriminación racial, xa que moitos dos campesiños aspiraban a poder controlar ditas terras. Isto levou a toda unha serie de enfrontamentos entre os señores feudais e os vasalos. Este enfrontamento agravouse tras un edicto promulgado polas Cortes de Monzón (1585), onde cada vasalo que se rebelaba contra o seu señor era condenado a morte.Pero tamén tivo problemas coas clases altas, que intentaron limitar o poder do monarca e escóndense detrás dos foros para manter a os seus privilexios. Para intentar solucionar isto o monarca opta pola colocación de Casteláns como altos cargos de poder na Coroa de Aragón. Para intentar solucionar el problema nomeou a un vicerrei imparcial, para o cal considerou pedir consulta ó Tribunal del Xustiza Maior do reino. Isto acabou levando a toda unha serie de acontecementos que levaron o problema de Antonio Pérez. Antonio Pérez foi un antigo secretario do rei, que estivo involucrado no asasinato de F. de Escobedo, o secretario de Don Juan de Austria. Antonio Pérez foi arrestado, pero puido escapar cara Aragón, onde solicitou o "privilexio de manifestación". Este poñía a Antonio Pérez baixo a xurisdición do Xustiza Maior de Aragón.
Felipe II interveu solicitando que fose trasladado o Tribunal da Inquisición, pero a maioría das institucións e a cidade de Zaragoza opóñense. Isto levou a unha sublevación que foi sufocada polo exército en 1791. O pobo aragonés veu na intervención do exército, como un exército de liberación contra as autoridades que abusaban do seu poder. O rei conseguiu nas Cortes de Tarazona, que el tiña a potestade para nomear o Xustiza Maior. Non houbo máis rebelións aragonesas durante a dinastía dos Habsburgo.
Os problemas económicos.
Estes foron causados pola Política Imperial, intentar pagar as débedas herdadas do reinado de Carlos, o aumento da burocracia e as loitas pola defensa do cristianismo. Isto acabou levando a sucesivas bancarrotas, que se deron en: 1557, 1575 e 1596. Para solucionar isto levou a venda de cargos, a entrega de concesións sobre impostos ou actividades estatais e aumentar os impostos.*Mourisco.
Nome que recibían durante a Idade Moderna todas as persoas de orixe musulmán que tivo que converterse ó cristianismo tras o decreto dos Reis Católicos de 1502, que obrigaba as poboacións musulmáns a converterse ou emigrar fora dos dominios españois. Moitos deles decidiron converterse ó cristianismo e foron chamados “cristiáns novos”, que se opoñía a cristiáns vellos ou poboación cristiá dende antigo. Os mouriscos mantivéronse nunha posición de inferioridade social, e moitas veces eran marxinados en determinadas profesións ou postos.
mércores, 14 de agosto de 2019
O Imperio de Felipe II. Onde nunca se poñía o sol.
Felipe II, era fillo de Carlos I e Isabel de Portugal, sendo o herdeiro principal de seu pai recibiu o control de enormes territorios. Seu pai intentou evitar que tivera os mesmos problemas que el cos protestantes, co cal decidiu dividir os seus dominios entre Felipe II e Fernando de Habsburgo, irmán de Carlos. Para Fernando quedaron os dominios dos Habsburgo e o título a nomeamento de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Mentres que Felipe quedouse cos dominios da Casa de Borboña (Flandres, Franco Condado, Milanesado, etc.), os dominios italianos, a Coroa de Castela e Aragón, e os seus dominios, etc. Pero Felipe vai ampliar os seus dominios de forma temporal no caso de Inglaterra, e a longo prazo coa anexión de Portugal.
Matrimonio con María Tudor.
Carlos I seguiu a mesma política que seu avós cos matrimonio dos seus fillos, co cal casou a todos os seus fillos para reforzar as súas alianzas diplomáticas ou reforzar a súa posición en Europa. No caso de Felipe II casou con María Tudor, raíña de Inglaterra, coa que se casou en 1554. Isto converteuno en rei consorte de Inglaterra, e cando abdicou seu pai anexionouno os seus dominios. Pero a morte de María Tudor en 1558, arredou Inglaterra do seu poder. O non ter fillos de matrimonio, o reino pasou a súa cuñada Isabel Tudor. Felipe II intentou por todos os medios posibles manter a Inglaterra baixo o seu control, e para iso intentou casar con Isabel I, pero os intereses dos protestantes dificultaron esa alianza. Isto levou a toda unha serie de hostilidades que analizaremos despois.
Anexión de Portugal en 1580.
A mediados da década de 1570 a aventura colonial para os portugueses acabara, pero o desgaste económico e demográfico esgotaran a Portugal. Isto levou unha profunda crise económica da Facenda Real e á aparición de importantes bancarrotas que acentuaron os problemas de Portugal.
A gota que fixo rebordar o vaso, e desestabilizou completamente a Portugal foi a morte do monarca portugués, Sebastián I, na batalla de Alcazaquivir en 1578, e de gran parte da nobreza. Isto levou ó trono ó Cardenal Enrique durante dos años, pero que morreu sen descendentes. Isto levou a un intento por colocar no trono a Felipe II trala morte del Cardenal Enrique. Esta corrente foi apoiada pola Alta Nobreza, a xerarquía eclesiástica e as clases burguesas, que vían en Felipe II un imperio poderoso que defendera os intereses comerciais e económicos de Portugal. A idea era que a unión das flotas máis importantes da súa época sería un puntal, que faría a Portugal unha das potencias máis importantes da súa época. A burguesía tamén aspiraba a poder introducirse dentro das colonias américanas, xa que ambos formarían parte do mesmo imperio. Pero o resto da nobreza e a maioría da poboación e parte da nobreza non querían a Felipe II.
Finalmente, en 1580 Felipe II foi ratificado como rei ante as Cortes de Tomar, onde xurou respectar as liberdades, as leis e as institucións portuguesas. Isto permitiulle unir dos dous maiores imperios do seu tempo, así como contar con novas bases de operacións no Atlántico.
luns, 12 de agosto de 2019
Carlos I de España e V de Alemaña.
Herdanza de Carlos I:
Herdanza de Carlos I |
Naceu nos Países Baixos, onde foi educado en costumes flamengas. Fillo de Felipe, o Fermoso, e Xoana de Castela, grazas as alianzas políticas iniciadas polos seus avós conseguiu crear un gran imperio en Europa e ser o monarca máis importante da súa época. As alianzas permitíronlle conseguir o control de enormes territorios:
Herdanza de súa nai: Xoana de Castela.
- Herdanza Materna de Isabel de Castela.
- Coroa de Castela coas súas posesión atlánticas e as colonias americanas.
- Reino de Navarra.
- Reino Nazarí de Granada.
- Herdanza Paterna de Fernando de Aragón.
- Coroa de Aragón.
- Posesión do Mediterráneo:
¨ Córsega.
¨ Sardeña.
¨ Sicilia.
¨ Nápoles.
Herdanza de seu pai: Felipe o Fermoso.
- Herdanza materna de María de Borgoña.
- Ducado de Borgoña.
- Franco Condado.
- Países Baixos.
- Herdanza paterna de Maximiliano de Austria.
- Posesión austríacas no Sacro Imperio.
- Posibilidade de recibir o título de Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Herda os territorios na Península Ibérica trala morte de Fernando, o Católico, en 1516, e ante a incapacidade de que goberne a súa nai, que se atopa afectada por toda unha serie de males dende a morte do seu esposo. Tamén consegue o control sobre as posesións europeas trala morte do seu avó, Maximiliano en 1519.
Intentou continuar coa política de afianzamento do poder rexio e a consolidación do Estado Moderno que iniciaran os seus avós.
- Creación dun Estado Moderno.
- Fortalecemento do poder dun monarca autoritario.
- Defensa do Cristianismo Católico.
- Etc.
Carlos I na Península Ibérica.
A comezos do seu reinado tivo a oposición de parte da poboación debido a que non falaba o castelán, nin ningunha das outras linguas propias da península. Ademais Carlos mostrouse moito máis interesado en acrecentar os seus territorios en Europa, que en gobernar os reinos da Península Ibérica. Este ultimo veuse claro cando seu avó paterno morreu, e foi a Alemaña a reclamar o título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e deixou o goberno en mans de conselleiros flamengos, que chegaron con el a Castela. Entre estes conselleiros o máis salientable era Adrián de Utrech, que ocupou o cargo de rexente na ausencia do monarca.
Todo isto foi visto con malos modos nas autoridades tradicionais do reino e na poboación xeral, que tivo como consecuencias do seu goberno o estouprido de dúas rebelións.
Todo isto foi visto con malos modos nas autoridades tradicionais do reino e na poboación xeral, que tivo como consecuencias do seu goberno o estouprido de dúas rebelións.
Rebelión dos Comuneiros en Castela (1520-21).
Tamén coñecidada como a Revolta das Comunidades foi a forma na que os habitantes de Castela demostraron o seu malestar as políticas realizadas por Adrián de Utrech, como representante do monarca. Os rebeldes esixiron que os impostos pagados por Castela debían ser usados para atender as necesidade do reino, e non nas políticas europeas. Ó mesmo tempo solicitaron que o monarca incluira dentro dos seus conselleiros a un maior numero de casteláns, e que o rei establecera a súa residencia en Castela. Pese que as revoltas tiveron un exito inicial en moitas das cidades, a falta de apoio da nobreza e do clero, fixo que esta fracasara. As tropas de Carlos I derrotaron ós comuneiros en 1521.
Rebelión das Xermanías na Coroa de Aragón(1519-23)
No caso das Xermanias afectou especialmente a Valencia e Mallorca, aproveitando a ausencia do monarca e o estoupido dun brote de peste. A situación acabaou levando a revoltas populares contra a nobreza e a reinvindicación de melloras para os pecheiros.
As revoltas foron sometidas pola forza do exército. Tras a resolución deste conflito o reinado de Carlos I mantivo o reino pacificado na Península Ibérica. Nunca estivo demasiado tempo na Península Ibérica, pero mantivo como rexentes a persoas afíns, e que gozaron do apoio da poboación, como a súa esposa: Isabel de Portugal ou o seu fillo Felipe II.
A política exterior de Carlos I.
A política de Carlos I, especialmente a política exterior, estivo marcado por manter a unidade do seu imperio, pero tamén por defender os intereses dinásticos dos Austrias por manter a hexemonía en Europa. Pero uns dos maiores problemas do monarca foi manter viva a idea dunha monarquía universal e a defensa do cristianismo católico. Isto levou a toda unha serie de enfrontamentos ó longo do seu reinado, que lle levou a loitar con: os turcos, como defensores do cristianismo fronte o islam; a loita contra e expansión do protestantismo, especialmente con Lutero e Calvino; e os enfrontamentos contra Francia, como principal rival europeo.
Loita contra Francia.
A idea do Imperio Universal levou a un enfrontamento con Francia, o única potencia continental que lle podía facer fronte. Durante o reinado de Carlos os enfrontamentos entre ambas potencias foron constantes, especialmente no Norte de Italia (o Milanesado), Flandres e Borgoña.
Carlos I intentou neutralizar a Francia, e arredala de forma definitiva de Italia e do ducado de Borgoña. Os diferentes enfrontamentos foron favorables para as tropas de Carlos I, que mantiña unha superioridade militar, gracias ós Terzos. Isto permitiulle derrotar as tropas francesas na Batalla de Pavía (1525), onde fixo prisioneiro a Francisco I, rei de Francia. Pero isto non solucionou os problemas, xa que o monarca francés conseguiu o apoio de Clemente VII, o pontífice romano, provocando problemas para a unidade imperial. Para castigar ó Papa, Carlos I provocou o Saqueo de Roma en 1527 polas tropas imperiais. Ante isto Carlos I intentou negociar cos seus rivais, e firmou a Paz de Cambrai en 1529. Pero, a pesar disto, o enfrontamento con Francia mantívose durante o resto do seu reinado, ata que Felipe II derrotou as tropas francesas na Batalla de San Quintín en 1557, e obrigou a Francia a firmar o Tratado de Canteu-Cambrésis en 1559.
Carlos I intentou neutralizar a Francia, e arredala de forma definitiva de Italia e do ducado de Borgoña. Os diferentes enfrontamentos foron favorables para as tropas de Carlos I, que mantiña unha superioridade militar, gracias ós Terzos. Isto permitiulle derrotar as tropas francesas na Batalla de Pavía (1525), onde fixo prisioneiro a Francisco I, rei de Francia. Pero isto non solucionou os problemas, xa que o monarca francés conseguiu o apoio de Clemente VII, o pontífice romano, provocando problemas para a unidade imperial. Para castigar ó Papa, Carlos I provocou o Saqueo de Roma en 1527 polas tropas imperiais. Ante isto Carlos I intentou negociar cos seus rivais, e firmou a Paz de Cambrai en 1529. Pero, a pesar disto, o enfrontamento con Francia mantívose durante o resto do seu reinado, ata que Felipe II derrotou as tropas francesas na Batalla de San Quintín en 1557, e obrigou a Francia a firmar o Tratado de Canteu-Cambrésis en 1559.
Loita contra o Imperio Otomán.
Dende o século XV o Imperio Otomán foron expandíndose por Europa Oriental, especialmente pola Península dos Balcáns, e ameazando os dominios austríacos dos Habsburgo. Para defender os dominios o emperador tivo que defender Viena. Pero o mesmo tempo convertéronse nun perigo para o comercio do Mediterráneo Occidental, xa que o Imperio Otomán apoiou economicamente os piratas berberiscos. Estes atacaban os barcos cristiáns e realizaban razzias sobre os portos e as costas cristiáns. Para solucionar isto realizou toda unha serie de operacións, como a conquista de Tunisia en 1535, pero que non solucionou o problema. Estas operación supuxeron un enorme custo en tropas e fondos. O enfrontamento durou o resto do reinado de Carlos I, e rematara en tempos de Felipe II.
A loita contra o protestantismo.
Pero sen lugar a dubidas o peor problema o que se enfrontou Carlos I foi a loita contra a herexías relixiosas protestantes, que apareceron durante o seu reinado. No caso máis destacable podemos ver a figura de Martín Lutero, que se considerou o principal lider da Reforma Protestante. Este alemán predicou especialmente no Sacro Imperio, polo que Carlos veuno como un elemento de debilidade do seu poder. O perigo agravouse cando toda unha serie de príncipes alemáns aceptaron as doutrinas de Lutero, e o protexeron. Isto fixo que o protestantismo fora expandíndose por Alemaña e Flandres.
A loita contra os protestantes converteuse nunha obsesión persoal de Carlos I, e levoulle a perseguir ós protestantes polos seus dominios. Os príncipes protestantes alemáns formaron unha alianza coñecida co nome de Liga de Esmalcada (1531), que foi derrotada na Batalla de Mühlberg (1547). Pero a vitoria no campo de batalla, non supuxo a derrota dos protestantes, que seguiron socavando o poder do Emperador. Isto obrigou ó emperador a firmar a Paz de Augsburgo (1555), no que concedía a liberdade relixiosa ós príncipes alemáns, e supuxo a derrota definitiva ó seu ideal de unidade relixiosa no continente.
Os problemas de todas estas guerras supuxeron un enorme gqasto para a Facenda Real, o que levou a Carlos e os seus sucesores a incrementar os impostos, sobre todo en Castela. Pero pese a que os ingresos aumentaban, e as riquezas procedentes das colonias chegaban en grandes cantidades: os gastos eran moi superiores. Iso acabou obrigando a Carlos I a recorrer o endebedamento fronte banqueiros alemáns, flamengos e italianos. Iso acabou provocando que poucos anos despois da súa morte Felipe II, o seu fillo, declarouse en bancarrota e suspendeu o pago das débedas pola incapacidade de poder facerlles fronte.
A loita contra os protestantes converteuse nunha obsesión persoal de Carlos I, e levoulle a perseguir ós protestantes polos seus dominios. Os príncipes protestantes alemáns formaron unha alianza coñecida co nome de Liga de Esmalcada (1531), que foi derrotada na Batalla de Mühlberg (1547). Pero a vitoria no campo de batalla, non supuxo a derrota dos protestantes, que seguiron socavando o poder do Emperador. Isto obrigou ó emperador a firmar a Paz de Augsburgo (1555), no que concedía a liberdade relixiosa ós príncipes alemáns, e supuxo a derrota definitiva ó seu ideal de unidade relixiosa no continente.
O final do reinado de Carlos I.
O fracaso ante os protestantes provocou a inestabilidade do monarca, que canso de tanto conflito, decidiu renunciar ó poder no ano 1556. Dividiu o seu imperio entre o seu irma Fernando, a quen lle cedeu o trono imperial e os dominios alemáns; e o seu fillo Felipe, a quen lle traspasou os dominios da Monarquía Hispánica, Borgoña, Flandres e o Franco Condado. Tralo cal, Carlos I retirouse ó mosteiro de Yuste (Estremadura), onde pasou os seus derradeiros anos de vida.Os problemas de todas estas guerras supuxeron un enorme gqasto para a Facenda Real, o que levou a Carlos e os seus sucesores a incrementar os impostos, sobre todo en Castela. Pero pese a que os ingresos aumentaban, e as riquezas procedentes das colonias chegaban en grandes cantidades: os gastos eran moi superiores. Iso acabou obrigando a Carlos I a recorrer o endebedamento fronte banqueiros alemáns, flamengos e italianos. Iso acabou provocando que poucos anos despois da súa morte Felipe II, o seu fillo, declarouse en bancarrota e suspendeu o pago das débedas pola incapacidade de poder facerlles fronte.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)