sábado, 17 de agosto de 2019

Felipe IV e o Conde-Duque de Olivares.

Felipe IV (1621-1665).


Felipe IV ascendeu o trono en 1621 con só 17 anos. Por iso, dende o seu primeiro momento estivo baixo a tutela do seu preceptor Gaspar Guzmán, o Conde-Duque de Olivares, que asumiu o papel de valido. El organizou toda unha serie de proxectos de reforma para mellorar a situación da monarquía hispánica, tanto a nivel interno como en política exterior.

As reformas do Conde-Duque. 

 As reformas de Olivares tiñan como obxectivo poder afianzar da monarquía hispánica en Europa, pero para iso intentou desenvolver unha reforma financeira e militar. Para iso tiña que achegarse importantes sumas de diñeiro para a Facenda Real, que estaba en constante crise crónica. Iso levou a unha completa reforma financeira.
Por iso Olivares intentou a creación da Unión de Armas. Consistía na creación de un exercito regular, formado por 140.000 homes, ó servizo do monarca que este baixo o control directo; e que fora costeado por todos os reinos da coroa hispánica en función da súa poboación e da súa riqueza.
Para poder costear este novo exército era necesario un plan máis amplo, que se coñece co nome do Gran Memorial. Neste o que pretendía Olivares era unificar politicamente o imperio, suprimindo as diferenzas forais e repartindo por igual as cargas e os beneficios entre todos os territorios da coroa. O plan pretendía reforzar o poder real e facer un goberno máis racional e lóxico. Pero a súa aplicación non foi posible, debido as dificultades económicas, a oposición dos distintos reinos a perder as súas leis e institucións (celosos de defendes as súas prerrogativas forais) e as constantes guerras.
A pesar de todas as reformas e os intentos por facer un goberno máis estable, sucedéronse toda unha serie de bancarrotas en 1627, 1647, 1652 e 1662.
Isto acabou levando a inestabilidade do reino e a unha serie de revoltas. Entre as revoltas máis importantes temos a Revolta en Cataluña e o proceso de independencia de Portugal, ambas estouparon en 1640

Revolta en Cataluña.

Os intentos de Olivares de conseguir a aprobación nas Cortes do proxecto de Unión de Armas fracasaron estrepitosamente; e os intentos de reforma fiscal na Coroa de Aragón, que non conseguían novos ingresos. A revolta estoupou en xuño de 1640. O conflito acabou prolongándose durante moito tempo, ata que as tropas imperiais conseguiran ocupar Barcelona en 1652 e a aceptación da soberanía de Felipe IV.

A revolta en Portugal.

En Portugal a forte oposición ás medidas propostas polos Conde-Duque de Olivares e as críticas a escasa defensa das colonias do Imperio Portugués, que eran atacadas de forma constante polos holandeses e ingleses, provocou unha revolta. A sublevación foi apoiada dende os seus inicios polos ingleses, que pretendían aumentar a inestabilidade do Imperio Español. As derrotas españolas nas batallas provocaron a perda de control de Portugal, e a súa independencia.
Ante a imposibilidade de costear a guerra, e a incapacidade do monarca, Carlos II de manifestar un poder forte, levou a decisión de aceptar a independencia de Portugal no Tratado de Lisboa (1668).

Ningún comentario:

Publicar un comentario