sábado, 17 de agosto de 2019

Felipe III e o duque de Lerma: unha mestura explosiva.


Felipe III (1598-1621)
 
Felipe III herdou do seu pai o imperio máis extenso e poderoso que se coñecía, pero o novo monarca estaba máis interesado no ocio e a vida da corte que nas tarefas de goberno. Isto fixo que que confiara as funcións de goberno no seu valido, o duque de Lerma.

Crise Financeira.

A crise veu como consecuencia das crises económicas herdadas das políticas exteriores do seu pai. Para intentar remedialas intentou levar a cabo unha política exterior baseada na elaboración de diferentes tratados de paz; e unha serie de reformas económicas. Pero estas medidas víronse como insuficientes, e non foron quen de acabar coa débeda, en gran parte como consecuencia dos excesivos gastos da Corte. Esta situación acabou obrigando a declarar unha nova bancarrota en 1607.

Expulsión dos Mouriscos.

Os acontecementos provocados pola Revolta das Alpujarras en 1568, durante o reinado de Felipe II, provocou a dispersión dos Mouriscos, pero tivo como consecuencia unha acentuación da intolerancia cultural. Iso levou a que en 1609 decretouse a expulsión total dos mouriscos de todos os dominios do Imperio Español, afectando aproximadamente a 300.000 persoas. En realidade, esta expulsión debíase máis os intereses políticos do Duque de Lerma, como unha manobra política para desviar ó interese polas crises políticas internas e externas do Imperio Español.
Pero en realidade a expulsión dos mouriscos trouxo unhas importantes consecuencias importantes para crear máis tensión social:
  • Despoboamento de importantes rexións, que perderon poboación e provocaron unha desestabilidade demográfica na rexión.
  • Caída da economía nos antigos reinos da Coroa de Aragón. Pese a que existían importantes continxentes de poboación na Coroa de Castelá, a maioría da poboación mourisca concentrábase nos territorios da coroa aragonesa. Moitos deles dedicábanse importantes actividades como o cultivo de importantes e ricas zonas de regadío, e a industria das teas de seda e algodón. A saída de toda esta poboación levou a unha caída na produción de alimentos e da produción téxtil: ocasionando unha crise económica na rexión.
  • Isto tamén tivo como consecuencia a caída das rendas señoriais, como consecuencia da crise económica. Pero iso tivo como consecuencia un aumento do cargas señoriais sobre os campesiños que quedaban. Os señores feudais negábanse a ver reducidos ós seus ingresos, e como consecuencia empeorou a situación da poboación. 

Política Internacional.

Felipe III baseou a súa política exterior nunha continuación das últimas políticas do seu pai, xa que a monarquía hispánica estaba esgotada despois de tantos conflitos e enfrontamentos. Vemos como Felipe II, xa canso e consciente das súas limitacións firmou a Paz de Vervíns en 1598, na que se establece a paz con Francia.Felipe III buscou asentar esa paz, cunha nova política que se baseou en varias cousas:
  • Felipe III estableceu unha excelente rede diplomática que despregou España, e que lle levaron a falar da Pax Hispánica, ó referirse a este reinado.
  • Estableceuse unha alianza de paz con Inglaterra mediante o Tratado de Londres (1604). Ambas potencias estabas desangradas por unha guerra de máis de 20 anos, na que poucas vitorias ou beneficios se conseguían.
  • Tregua nos Países Baixos (Flandres) tras a Paz de Amberes (1609), que levou a Tregua dos Doce Anos.
  • Mantemento dunhas relacións cordiais con Francia mediante unha política matrimonial entre ambas casas reais.
NON HAI QUE SABERSE O NOME DOS TRATADOS PARA O EXAME.
Os intentos de Felipe III por manter unha situación pacifica en Europa acabaron fracasando, como consecuencia do estoupido da Guerra dos Trinta Anos (1618-48) que tivo como consecuencias principais: as rivalidades relixiosas en Alemaña, a Casa dos Austrias quere restaurar a autoridade imperial e os Borbóns queren acabar coa hexemonía europea dos Austrias. O conflito estoupou en Flandres, e pouco a pouco vaise estendendo por toda Europa, e continou durante o reinado de Felipe IV.

Ningún comentario:

Publicar un comentario