sábado, 17 de agosto de 2019

Felipe II. Características do seu reinado.

Características do seu reinado.

  • Concepto patrimonial dos seus reinos. Tanto Felipe II como o seu pais tiñan o concepto do reino como un patrimonio persoal, e facía e desfacía todo segundo o seu criterio persoal. Intentou a creación dun imperio universal, pero esa idea entrou en contradición coa idea de que non consideraba o seu imperio como un todo, senón a suma de diferentes partes, que estaban nas súas mans. Isto provocou que nunca chegou a formar un imperio coordinado e que seguira unha política común.
  • Defensa do Catolicismo. Parte da idea de Felipe II foi continuar o ideal do seu pai da creación dun Imperio baseado no cristianismo católico, motivo polo cal tivo dous elementos clave para manter esa idea.
  • A loita fronte ós protestantes, que se marcou principalmente na loita contra os protestantes holandeses e os seus aliados. Isto levoulle a un enfrontamento constante contra as Provincias Unidas, a actual Holanda, que foi constante ó longo de todo o seu reinado. Mentres que a loita contra os protestantes holandeses provocou a loita contra os ingleses, que eran os seus grandes aliados.
  • Defensor e promotor da Contrarreforma. Isto acabou provocando a participación nas políticas de defensa do cristianismo e o impulso a unha reforma da igrexa, na que aumentou o peso da Inquisición e da igrexa nos asuntos políticos.
  • Monarquía autoritaria.
  • Declarou Madrid como capital do Reino.
  • Afianza a preeminencia de Castela dentro dos seus reinos. A preponderancia de Castela, manifestase na existencia de toda unha serie de persoas, que obteñen cargos e privilexios: na maioría dos casos pertencen a Coroa de Castela.
  • Forma de goberno combina un control directo dos asuntos de goberno e o asesoramento por parte dos Consellos.
    • Creación do Consello de Estado. O Consello de Estado tiña como función básica a xestión das rivalidades entre as diferentes faccións do goberno do reino. O rei usaba o Consello de Estado para darlle voz a ambas partes y conseguir controlalas ó mesmo tempo.
  • Arredou a la alta nobreza dos cargos de goberno. Os grandes de España ocupaban postos de relevancia, pero como Vicerreis, embaixadores, mandos del exército, etc.

Problemas Interiores.


O reinado de Felipe II tivo toda unha serie de características que son consecuencia das políticas exteriores, pero ademais tivo unha serie de problemas internos.


Defensa do Catolicismo. Política da limpeza de sangue foi unha obsesión dentro do reinado de Felipe II, na que as persoas debían demostrar o seu catolicismo, e sobre todo a súa tradición de cristianismo católico. O concepto de limpeza de sangue implicaba que para certos postos reivindicábase un documento que acreditará o catolicismo desta persoa e dos seus antepasados.


Sufocar a rebelión das Alpujarras en 1567. A Rebelión das Alpujarras en Granada veu como consecuencia dunha partida de foraxidos, pero que acabou desembocando nunha rebelión. O problema veu de que as tropas enviadas pola monarquía para sufocar ós ataques reprimiu as poboación locais, moitos deles eran poboación de orixe mourisco*. As poboacións foron acusadas de ser falsos conversos, e seguir mantendo a practica dos ritos musulmáns en segredo. Isto acabou provocando unha reacción violenta por parte da poboación, que intentou facerse co control de Granada. A reacción das autoridades reais foi o aumento de represión, para controlar a rebelión. Isto levou á creación de un decreto no que se prohibía o uso do árabe e das vestimentas tradicionais dos mouriscos: obrigándolles a falar castelán e abandonar os seus costumes tradicionais. Cando se derrotou a rebelión, de forma definitiva en 1570, mandouse a dispersión dos mouriscos por todos los territorios dos reinos de Castela.

A revolta de Aragón.

No caso de Aragón había problemas agrarios, xa que a maior parte das terras de regadío estaban en mans dos señores feudais, e eran traballadas por mouriscos. Isto provocou toda una serie de enfrontamentos, que acabaron tendo un compoñente de discriminación racial, xa que moitos dos campesiños aspiraban a poder controlar ditas terras. Isto levou a toda unha serie de enfrontamentos entre os señores feudais e os vasalos. Este enfrontamento agravouse tras un edicto promulgado polas Cortes de Monzón (1585), onde cada vasalo que se rebelaba contra o seu señor era condenado a morte.

Pero tamén tivo problemas coas clases altas, que intentaron limitar o poder do monarca e escóndense detrás dos foros para manter a os seus privilexios. Para intentar solucionar isto o monarca opta pola colocación de Casteláns como altos cargos de poder na Coroa de Aragón. Para intentar solucionar el problema nomeou a un vicerrei imparcial, para o cal considerou pedir consulta ó Tribunal del Xustiza Maior do reino. Isto acabou levando a toda unha serie de acontecementos que levaron o problema de Antonio Pérez. Antonio Pérez foi un antigo secretario do rei, que estivo involucrado no asasinato de F. de Escobedo, o secretario de Don Juan de Austria. Antonio Pérez foi arrestado, pero puido escapar cara Aragón, onde solicitou o "privilexio de manifestación". Este poñía a Antonio Pérez baixo a xurisdición do Xustiza Maior de Aragón.

Felipe II interveu solicitando que fose trasladado o Tribunal da Inquisición, pero a maioría das institucións e a cidade de Zaragoza opóñense. Isto levou a unha sublevación que foi sufocada polo exército en 1791. O pobo aragonés veu na intervención do exército, como un exército de liberación contra as autoridades que abusaban do seu poder. O rei conseguiu nas Cortes de Tarazona, que el tiña a potestade para nomear o Xustiza Maior. Non houbo máis rebelións aragonesas durante a dinastía dos Habsburgo.

Os problemas económicos.

Estes foron causados pola Política Imperial, intentar pagar as débedas herdadas do reinado de Carlos, o aumento da burocracia e as loitas pola defensa do cristianismo. Isto acabou levando a sucesivas bancarrotas, que se deron en: 1557, 1575 e 1596. Para solucionar isto levou a venda de cargos, a entrega de concesións sobre impostos ou actividades estatais e aumentar os impostos.


*Mourisco.
Nome que recibían durante a Idade Moderna todas as persoas de orixe musulmán que tivo que converterse ó cristianismo tras o decreto dos Reis Católicos de 1502, que obrigaba as poboacións musulmáns a converterse ou emigrar fora dos dominios españois. Moitos deles decidiron converterse ó cristianismo e foron chamados “cristiáns novos”, que se opoñía a cristiáns vellos ou poboación cristiá dende antigo. Os mouriscos mantivéronse nunha posición de inferioridade social, e moitas veces eran marxinados en determinadas profesións ou postos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario