A Guerra dos Trinta Anos (1618-48) marcou o punto álxido da crise da monarquía dos Austrias, e marcou un período de decadencia do Imperio Español. Esta comezou en tempos de Felipe III, pero realmente o gran peso da guerra foi durante o reinado de Felipe IV, na que o Conde-Duque de Olivares, intentou recuperar pola forza das armas o prestixio do Imperio dos Austrias Maiores.
O conflito cobrou forza para España, aliada do Sacro Imperio Romano, comezou a intentar ocupar as as Provincias Unidas tras 1621. Pero isto acabou levando a un enfrontamento no que o bando dos Austrias (a Monarquía Hispánica e o Sacro Imperio) comezan a enfrontarse con as Provincias Unidas, os Principados Alemáns Protestantes e Suecia.
O conflito foi incrementándose progresivamente ó longo dos anos. O principio as vitorias das potencias "católicas" fixeron que a guerra se decantará ó seu favor, pero o medo de Francia a que a Monarquía Hispánica alcanzase a hexemonía en Europa fíxolle entrar na guerra no bando protestante a partires de 1635. Este feito fixo que a Monarquía Española entrara en dificultades, xa que se pechou o "Camiño Español"*, que levaba subministración e homes cara Flandres para loitar contra os Holandeses e os Príncipes Alemáns, e provocou a apertura dunha nova fronte nos Perineos. Isto fixo que o bando dos Habsburgo fora acumulando unha serie de derrotas, as cales determinaron a derrota na Guerra dos Trinta Anos e a creación da Paz de Westfalia.
A Paz de Westfalia.
A Paz de Westalia naceu como a necesidade da Monarquía Española e do Sacro Imperio de poñer fin a Guerra dos Trinta Anos, da que todos os seus participantes estaban esgotados despois de tantos anos de conflito. Esta asinouse a través de dous grandes tratados, pero no que o máis importante foi o Tratado de Westfalia asinado en 1648. Nela España a Austria recoñecían de facto a independencia das Provincias Unidas, e establecían unha paz cos Principados Alemáns.
Pero no caso da paz con Francia teriamos que esperar un par de anos máis ata que se asine o Tratado dos Perineos en 1659. Neste España concedía diversos territorios a Francia en Europa.
Todo isto supuxo o final do dominio dos Habsburgo en Europa e o recoñecemento dunha nova potencia continental, Francia, que acabou sendo durante o século seguinte a directora da política europea. España perdeu poder en Europa, pero seguiu mantendo o seu imperio colonial en América.
*Camiño Español.
Este coñecese como a ruta que seguían os terzos españois cara Flandres, para loitar contra os Holandeses e combater os principados alemáns rebeldes. Este tamén era o sistema de enviar armas, municións e todo o necesario para a guerra por terra. A ruta marítima era máis sinxela, pero estaba supeditada por que era máis longa, máis perigosa polos ataques dos piratas (ingleses, holandeses e franceses) e polo ataque da flota francesa. Ademais moitas veces as tempestades e temporais dificultaban a travesía.
Esta ruta partía de Italia, dende o porto de Xénova, aliado tradicional da Monarquía Hispánica, atravesaba o ducado de Milán (parte do Imperio Español), pasaba por Savoia (inimigo de Francia, e polo tanto aliado da Monarquía Hispánica); chegaba o Franco Condado (parte do Imperio Español); logo continuaba polos principados alemáns católicos (aliados dos Habsburgo); e logo chegaba a Flandres Español. Dende aquí as tropas e a subministración se dirixía a onde facía falta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario