sábado, 17 de agosto de 2019

Carlos II, o derradeiro dos Austrias.

Juan de Miranda Carreno 002.jpgCarlos II (1665-1700).




Carlos II ascendeu o trono sendo un neno, e o goberno quedou baixo a rexencia da súa nai, Mariana de Austria. Ademais, o monarca estaba incapacitado para o goberno tras unha serie de problemas: enfermizo e de mentalidade débil. Isto acabou levando a que o seu goberno estivera baixo o control dunha serie de rexentes, validos ou ministros. Durante o reinado de Carlos II o poder do estado foise diluíndo, e privatizáronse moitas das funcións, que foi aproveitado pola aristocracia e a Igrexa para aumentar o seu poder e riqueza.
No caso da política exterior o aspecto máis salientable foi o problema sucesorio, xa que Carlos II non tivo fillos. Isto levou a que se organizará unha serie de acordos internacionais para poder escoller o sucesor o trono español. Todo viu como consecuencia de que Carlos era incapaz de ter un herdeiro lexitimo. Isto era coñecido polas potencias europeas, que comezaron a facer unha serie de intentos para desmembrar o imperio español. Pero o propio Carlos consciente dende 1697, da proximidade da súa morte, intentou buscar un herdeiro lexitimo no estranxeiro, para intentar manter intacta a Monarquía Hispánica.
Felipe V

Entre os candidatos máis próximos, e con lazos familiares tiñamos a: 
  • Felipe de Borbón, duque de Anjou, candidato francés, que era o neto da filla máis vella de Felipe IV.
  • Carlos de Austria ou Habsburgo, candidato austríaco, e que era neto da filla máis nova de Felipe III.
Martin van Meytens (attrib.) - Porträt Kaiser Karl VI.jpg
Carlos de Habsburgo


Pero as fortes presións das potencias, fixo que Carlos II elixira como herdeiro a Felipe de Borbón, futuro Felipe V. A súa decisión estaba pensada para conseguir o apoio de Francia, que era considerada como a principal potencia europea do momento, e evitar o desmembramento das posesións da Coroa Española. O 1 de novembro de 1700 morría Carlos II, o derradeiro monarca español da casa dos Habsburgo; e comezaba unha nova dinastía a dos Borbóns. Pero Carlos de Habsurgo non aceptou a decisión, e levou a Guerra de Suceión entre (1700-1713), na que saíu vitorioso Felipe V.

Ningún comentario:

Publicar un comentario